A semana pasada, LUCÍA, xunto coa súa nai e o seu pai, foi a pasar unha semana á neve. Concretamente á estación de esquí de Andorra.
Lucía contounos a súa aventura na neve apoiánose coas fotos que trouxo para que puidesemos ver como viviu esta experiencia.
Comezamos, coma sempre, por situar ANDORRA no mapa. Neste caso, un principado moi pequecho, situado entre o noso país, España. e o país veciño, Francia.
Aproveitamos para aprender a medida que Lucía redactaba a súa experiencia.
* Un pouco de xeografía.
* Que é a neve?
* Que é unha estación de esquí? que se fai nela?
* Roupa e obxectos que se precisan para esquiar?
Durante a viaxe a ola de frío e o temporal, fixeron que tiveran que colocar as "mantas" nas rodas do coche, para non esbarar na neve. (Outra opción son as cadeas, das que tamén falamos).
As baixas temperaturas dos primeiros días, con case -30ºC, eran tan extremas, que a neve acumulábase por todos lados, facendo que as máquinas quitaneves non desen abasto.
A neve acumulada na rúa era case da altura de Lucía, e das fiestras colgaban carámbanos (pedazo de xeo que se forma cando o xeo ou a neve se derrite e esa auga volve a conxelarse ao entrar en contacto cunha zona a temperatura baixo cero).
O telesilla é un "medio de transporte" que se emprega na estación de esquí para ascender á montaña; e unha vez arriba, poder descender esquiando.
Proxectamos varios videos nos que se ve como Lucía esquia con gran destreza, posto que o leva facendo dende os tres anos.
Moitas grazas por compartir con nós a túa experiencia Lucía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.