xoves, 12 de xaneiro de 2017

CONTANDO CONTOS

Como xa sabedes, todos os días temos, no noso horario, un tempiño adicado á lectura

Estos días de inicio de trimestre, @s pequech@s aproveitaron para traer os contos que lle trouxeron como agasallos no Nadal, para ensinarllos aos seus compañeir@s.




Ademais, así convertíronse en "contacontos". Hoxe foi o turno de BRAIS e de DAMIÁN





Gustáme moito esta mecánica, xa que a un mesmo tempo podemos traballar moitas cousas:

* A lectura.
* A expresión oral.
* O vocabulario.
* A atención.
* O perder a vergoña a falar en público.
* A motivación de sentirse protagonistas.
* Aprendemos a moralexa de cada historia.
* Traballamos a comprensión lectora.

Moitas grazas por compartir os vosos contos con nós!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.