mércores, 25 de xaneiro de 2017

PIRÁMIDE ALIMENTICIA




Este trimestre comezamos a traballar coa PIRÁMIDE ALIMENTICIA, relacionándoa co noso proxecto COME SAN! 





Os ALIMENTOS son esenciáis para vivir. Precisámolos para medrar e para estar sans. A PIRÁMIDE ALIMENTICIA é un gráfico que nos indica cales son os alimentos necesarios para ter una dieta equilibrada e en que cantidade se deben consumir.



Nós imos a construír a nosa propia pirámide alimenticia!

Os ALIMENTOS son todo aquelo que comemos e bebemos. Os alimentos permítenos desenvolvernos fisicamente, manter o noso corpo san, xogar, estudiar... He preciso que comamos varias veces ao día  dun xeito equilibrado, tendo en conta a pirámide alimenticia.



Hai 3 TIPOS DE ALIMENTOS:

* Orixe VEXETAL: proceden das plantas (froitas, verduras, cereais ou legumes).
* Orixe ANIMAL: proceden dos animais (pescado, carne, leite e ovos).
* Orixe MINERAL: proceden dos minerais (auga ou sal).

Os ALIMENTOS clasifícanse en 5 grupos:

1. HIDRATOS DE CARBONO: atópanse en cereais, pan, arroz e patacas. Son a principal fonte de enerxía para o corpo e tamén para o cerebro.

2. FROITAS E VERDURAS: alimentos ricos en vitaminas, minerais e fibra. As vitaminas que nos aportan estes alimentos axudarannos a defendernos das enfermidades.

3 e 4LÁCTEOS, CARNE, PEIXE e OVOS: estes alimentos aportan calcio e proteínas, precisas para que os nosos osos medren sans e fortes.

5. DOCES e GRAXAS: hai graxas boas que nos aportan enerxía, como as que se atopan no aceite de oliva, no peixe... pero as graxas malas e os doces, deben ser consumidos ocasionalmente, pois non aportan nada “positivo” ao noso corpo.

Tendo en conta a pirámide alimenticia, hai que tomar:
* Hidratos de carbono , froitas e verduras, todos os días.
* Lácteos, carne, peixe e ovos, entre dúas e tres veces á semana.
* Ocasionalmente, e sempre sen abusar, doces e graxas.




Nós quixemos comezar a nosa pirámide cun escalón esencial: a AUGA , xa que esta é fundamental para o bo funcionamento do noso organismo, pois máis da metade do noso corpo ten auga (70%).

A auga é a encargada da maioría das reaccións que se producen no noso corpo: os xugos gástricos, ás bagoas, a suor, a saliva, o sangue...

A auga axuda a purificar o corpo, eliminando as toxinas que xenera diariamente.
Debemos consumir 8 vasos de auga ó día (aproximadamente 2 litros).






A medida que avancemos nos grupos de alimentos, iremos completando a nosa pirámide

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.