luns, 10 de xullo de 2017

xoves, 29 de xuño de 2017

48000 VISITAS

Un pouquiño antes de pechar o blog por "VACACIÓNS" , acadamos as 48000 VISITAS!


Aproveito para agradecervos a vosa fidelidade durante todo o curso, pois, ao fin e ao cabo,  A AULA DE BERE está feito para vós, e sen vós deixaría de ter sentido!

MIL GRAZAS FAMILIAS!



mércores, 28 de xuño de 2017

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

A pesar de que o cole xa rematou, pásome por aquí para deixarvos a FOTOMANXE recopilatoria do proxecto: 

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Neste proxecto, como xa puidéchedes ir comprobando nas diversas publicaións realizadas neste blog ao longo do curso, quixemos observar como incluia o clima e o paso das estacións nas árbores do noso patio.

Este é o resultado!


sábado, 24 de xuño de 2017

DEBERES DE VERÁN...


... PARA NAIS E PAIS!



“TAREFAS” para o VERÁN

Pouco a pouco, e case sen decatarnos, o curso  
rematou, e toca gozar merecidamente das  VACACIÓNS:

·        Ide á piscina, á montaña, á praia... a coñecer novos e fermosos lugares da nosa terra.

·        Cantade a “grito pelado” mentres viaxades no coche.

·        Mirade con atención cada sitio  ao que vaiades para aprender algunha cousa nova. (Contádelle anécdotas, dádelle información interesante...)

·        Facede castelos, construcións, esculturas ou escribide na area.

·        Enterrade os pés na area e deixade que o mar volos desenterre.

·        Saltade as olas.

·        Quedade a observar un fermoso atardecer.

·        Facede unha guerra de globos de auga ata quedar coma pitos.

·        Probade as froitas típicas desta estación.

·        Manchade  toda a roupa mentres se derrete un xeado.

·        Observade as nubes mentres lle buscades algún parecido.

·        Deixade voar a vosa imaxinación e a vosa creatividade inventando historias fantásticas.

·        Lede contos divertidos antes de ir a durmir para ter soños marabillosos.

·        Falade moito e escoitade todo o que vos teñen que dicir.

E a tarefa máis importante:


        PASÁDEO XENIAAAAAAAALLLLLL!


FELICES VACACIÓNS!

venres, 23 de xuño de 2017

FIN DE CURSO

E chegou o DÍA...

O DERRADEIRO día deste curso 2016.17





Despois de ter o traballo rematado e ben feito dende xa hai tempo hoxe tocaba celebralo por todo o alto:









* Gozamos coa actuación estelar de O MAGO ANTÓN que nos deixou abraiados con cada truco de maxia... rematamos dicindo... COMO O FIXO?








* Repuxemos forzas!



* E empapámonos na FESTA DA AUGA!







E chegou o momento da despedida!



Bicos, apertas, e ata pronto!


Que gocedes dun FELIZ VERÁN!



xoves, 22 de xuño de 2017

COMILONA DE DESPEDIDA

Mañán remata o curso, pero como a nós nos gusta "pouco" a festa, comezaos a celebrar un día antes...

Por iso hoxe fixemos a tradicional COMILONA de despedida.




Pero entre petisco e petisco, tamén lle botamos uns bailes e divertímonos moito!



E despois do recreo para endozarnos un pouco... ALGODÓN DE AZUCRE feito no momento! De chupar os dedos!



Outro día para lembrar!

mércores, 21 de xuño de 2017

TITIRITEIROS

Hoxe tivemos a sorte de disfrutar dunha actuación en directo dun dúo de TITIRITEIROS, que nos agasallaron con diversas historietas narradas e musicadas, que tiñan sempre como acompañamento unha pequena cantiga pegadiza que nos enganchaba dende a primeira nota.


Cada historia tiña como protagonistas a títeres de diferentes estilos: de luba, marionetas, articulados...

Rimos sen parar e gozamos de cada relato:

* O do esqueleto que morreu cabando o tunel do monte navallo de Lalín para que pasara o tren.





* Trenzando cintas arredor dun pao cun títere na punta.







* Vendo como ao son da cantiga o cura se achegaba á criada.









* Observando os cachiporrazos que se daban estes monicreques.






* Abraiándonos coas acrobacias no trapecio de Bartolo Bartoluchi.









* E escoitando a famosa historia de "As vodas do tío Perico", na que o galo Quirico é o protagonista.


PRE-ANIVERSARIOS

Non podíamos deixar rematar o curso, sen celebrar o ANIVERSARIO dos nen@s que cumplen anos durante o verán...

Así que hoxe festexamos o PRE-ANIVERSARIO de:

LARA, BRAIS e JOSÉ LUIS


cunha gran festa con biscoitos, aperitivos, chuches... 


MOITAS FELICIDADES!

martes, 20 de xuño de 2017

RECTA FINAL...

Esta é a derradeira semana do curso...

Pouquiño a pouco os meses pasaron e 1º chega á súa fin!

Despois de tanto traballo ben feito e dun montón de aprendizaxes novas ás nosas espaldas, ben temos merecido un remate de curso que faga que marchemos con ganas de quedar.

Estos días:

* Os alumn@s seguen sendo protagonistas da súa aprendizaxe...



* Construimos xuntos...



* Xogamos...



* Divertímonos...



* E seguimos coidando o noso horto...



Así da gusto rematar o curso!


sábado, 17 de xuño de 2017

INTERACCIONANDO CON OUTROS NIVEIS

Hai moitas maneiras de aprender, e unha delas, e aprender socaializando, INTERACCIONANDO cos demais. 

Esta semana, tivemos a sorte de poder gozar dun fermoso CONTO, narrado pol@s alumn@s de 5º de E.P.



Tamén realizamos unha sesión de xogo libre no ximnasio c@s alumn@s de Infantil, neste caso, nós, os de 1º, fixemos de guías do xogo.



Pasámolo en grande!