mércores, 21 de xuño de 2017

TITIRITEIROS

Hoxe tivemos a sorte de disfrutar dunha actuación en directo dun dúo de TITIRITEIROS, que nos agasallaron con diversas historietas narradas e musicadas, que tiñan sempre como acompañamento unha pequena cantiga pegadiza que nos enganchaba dende a primeira nota.


Cada historia tiña como protagonistas a títeres de diferentes estilos: de luba, marionetas, articulados...

Rimos sen parar e gozamos de cada relato:

* O do esqueleto que morreu cabando o tunel do monte navallo de Lalín para que pasara o tren.





* Trenzando cintas arredor dun pao cun títere na punta.







* Vendo como ao son da cantiga o cura se achegaba á criada.









* Observando os cachiporrazos que se daban estes monicreques.






* Abraiándonos coas acrobacias no trapecio de Bartolo Bartoluchi.









* E escoitando a famosa historia de "As vodas do tío Perico", na que o galo Quirico é o protagonista.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.