IMOS DE EXCURSIÓN
Á ILLA DE SAN SIMÓN!
Con este cántico iniciamos o día de hoxe, o día que @s pequech@s, e eu tamén, levamos agardando dende hai moito tempo...
A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!
Chegaban coas cariñas cheas de felicidade e cunha manchea de nervios e ilusión, que a moitos non lles deixou pegar ollo pola noite.
Dende o primeiro momento, no AUTOBÚS, comezamos a divertirnos e pasalo xenial, acompañando a viaxe con cánticos.
Paramos en MEIRANDE, para coñecer un pouco da historia da BATALLA DE RANDE. Encantounos!
E despois... EMBARCÁMONOS na aventura!
Tomamos un pequeno aperitivo a bordo do catamarán, pois... as excursións abren o apetito!
E puxemos pé en SAN SIMÓN!
E guiados polo Capitán Pirata Oscar e a súa axudante a Pirata Cris, marchamos de EXPEDICIÓN pola illa.
Aprendemos moitas cousas curiosas sobre a mesma, a súa historia, as súas edificacións, o uso que recibiu a illa... Mellor dito, AS ILLAS!
Pois a Illa de San Simón, está unida por unha pequena ponte, á ILLA DE SAN ANTÓN.
Comemos para repoñer forzas.
Xogamos!
De regreso no barco, gozamos das maravillosas vistas da ría de Vigo.
UN DÍA XENIAL!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.