venres, 2 de xuño de 2017

AVES

Cando comezamos o PROXECTO sobre as AVES, no segundo trimestre, non sabíamos a duración que podería acadar, pois a motivación e o interese que espertase n@s alumn@s ía marcar o tempo que podía extenderse. 



O centro de interese xurdiu o día da CANDELORIA, cando s alumn@s sentiron curiosidade por aprender máis cousas sobre os paxaros en particular e as aves en xeral. 




A partir de aí realizamos unha asamblea, na que @s nen@s expresaron as súas ideas previas sobre o tema pasa ver QUE SABÍAMOS? , e tomamos nota sobre o QUE QUEREMOS SABER?

Creamos EQUIPOS de aves.

* Buscaron imaxes das aves que máis lle gustaban, puxéronas en común co seu equipo, en grupo elexiron unha para ser a ave insignia do equipo, buscaron información sobre ela, prepararon unha exposición oral para falarlles da súa ave ao resto de equipos. 

Con toda a información que @s alumn@s traían, realizamos o RECUNCHO DAS AVES.




O avistamento de aves no patio, fixonos centrarnos nunha decena de aves galegas que podemos ver no entorno do centro. 

Con estas aves traballamos:

* Datos sobre: características físicas, canto, hábitat, ovos...
* Poemas galegos nos que estas aves son as protagonistas.








Tamén traballamos co canto das aves, escoitando atentamente para recoñecer e diferenciar os que escoitamos no noso entorno... e ata nos atrevimos a imitalas!




Aproveitamos as diferentes conmemoracións que foron xurdindo para enlazalas con esta temática:

DÍA DA ÁRBORE + DÍA DA POESÍA

Colgamos aves con poemas nas árbores do noso patio.


DÍA DO LIBRO

* Inventamos, escribimos e ilustramos o noso libro 
"UN CONTO DE AVES".









DÍA DAS LETRAS GALEGAS

* Para seguir coa temática das aves, traballamos co conto de Carlos Casares "A GALIÑA AZUL". Ilustramos o conto e puxémoslle letra e voz. 







* Aproveitamos "A galiña azul" para coñecer un pouquiño máis sobre as "GALLINÁCEAS". Ata trouxemos varios tipos de ovos...



CURIOSOIDADES


* @s alumn@s foron traendo cousiñas sobre as AVES, que nos permitían aprender moitas curiosodades e cousiñas interesantes. 

* Grazas a ROI puidemos sorprendernos cun NIÑO DE MERLO, para descubrir que as aves son unhas eexpertas constructoras... Como poden facer algo tan perfecto sen brazos nin mans?



* Con DAVID puidemos observar, tocar e fixarnos en diferentes PLUMAS de aves. 


* HIWOT trouxo ovos dun niño abandoado de gaivota... que pasada!



* Lemos moitos libros informativos, contos, poemas... e incluso producións d@s propi@s alumn@s sobre as aves.



MANUALIDADES

* Tamén realizamos diversas manualidades, entre elas...



* E algúns animáronse na casa...


* Este PROXECTO deu para moito... e aínda lle seguimos dando! Pois a motivación do alumnado é o verdadeiro motor da aprendizaxe.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.