... PARA NAIS E PAIS!
“TAREFAS” para o
VERÁN
Pouco a pouco, e case sen decatarnos,
o curso
rematou, e toca gozar merecidamente
das VACACIÓNS:
·
Ide á piscina, á montaña, á praia... a coñecer novos e fermosos
lugares da nosa terra.
·
Cantade a “grito pelado” mentres viaxades no coche.
·
Mirade con atención cada sitio
ao que vaiades para aprender algunha cousa nova. (Contádelle anécdotas,
dádelle información interesante...)
·
Facede castelos, construcións, esculturas ou escribide na area.
·
Enterrade os pés na area e deixade que o mar volos desenterre.
·
Saltade as olas.
·
Quedade a observar un fermoso atardecer.
·
Facede unha guerra de globos de auga ata quedar coma pitos.
·
Probade as froitas típicas desta estación.
·
Manchade toda a roupa
mentres se derrete un xeado.
·
Observade as nubes mentres lle buscades algún parecido.
·
Deixade voar a vosa imaxinación e a vosa creatividade inventando
historias fantásticas.
·
Lede contos divertidos antes de ir a durmir para ter soños
marabillosos.
·
Falade moito e escoitade todo o que vos teñen que dicir.
E a
tarefa máis importante:
PASÁDEO
XENIAAAAAAAALLLLLL!
FELICES
VACACIÓNS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.