venres, 6 de novembro de 2015

BUXAINAS...

Entre os xoguetes tradicionais máis "populares" entre os nenos de hai anos, as BUXAINAS tiñan u lugar destacado. De seguro que nalgún momento da vosa infancia, "papis e mamis"; bailáchedes algunha. 

Hoxe GUILLERMO trouxo un trompo co que xogaba o seu pai cando era pequeno.



Despois puidemos observar como bailaba unha BUXAINA moi peculiar: metade buxaina metade bailarete... Encantounos como xiraba!



Cada alumno plasmou como lle gustaría que fose o seu TROMPO, e personalizárono coas cores e os deseños que máis lles gustaba. Este é o resultado:




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.