venres, 20 de novembro de 2015

OVOS

Todos os ovos son iguais?
Todas as galiñas poñen os mesmos ovos?

Pois hoxe descrubimos que NON!

Chegaron ás miñas mans uns ovos un tanto peculiares... xa que eran de cor AZUL! De xeito que me pareceu algo interesante para levar á clase e ensinárllelos aos pequechos. Pero ainda me pareceu mais interesante o feito de que os puidesen comparar con outros, así que levei 3 tipos de ovos diferentes.



Estes son os ovos das galiñas que estamos acostumados a consumir no día a día. Poden variar algo no tamaño, tamén na forma ovalada e incluso na cor, que vai dende un tono "carne" a un máis "blanco".


Esta galiña débelle o nome ao seu lugar de orixe.  Aos pquenos recordoulle un pouco a un pavo, pola forma da súa cabeza e as súas plumas, que a diferencian tanto da galiña común. Os seus ovos chaman a atención por ter un azul clariño moi peculiar.

A Kika é unha "galiña pequena", que pode variar nas cores das súas plumas, o seu tamaño correspóndese co tamaño de ovos que pon.



Observamos detidamente cada ovo para ver as características en común (forma ovalada, ainda que uns máis ca outros) e as diferenzas (tamaño, cor...)


Plasmamos os diferentes ovos nun debuxo:



Pero... so as galiñas poñen ovos? todos responderon rapidamente que NON

E engadiron RESPOSTAS moi interesantes:



"Todos os paxaros"








"Os dinosaurios"









"As aves"






Entón parámonos a reflexionar un momento sobre, como eran as AVES? e fixemos unha descripción das súas características máis significativas:

* Poñen ovos (aprendemos a palabra OVÍPAROS: animais que poñen ovos).
* Teñen o corpo cuberto de plumas.
* Teñen pico.
* Teñen 2 patas.
* Teñen ás

O que non levou a cuestionarnos... todas as aves poden VOAR? Impulsivamente escoitouse algún si, pero de seguido puxémonos a pensar e sairon algúns nomes de aves que non voan: galiña, avestruz, pingüín...



Temos un libro moi interesante sobre os paxaros, que hoxe serviunos para coñecer máis ovos e relacionalos cos paxaros que os poñen. 


Aos pequechos encantoulles ir levantando cada ovo para ver que paxaro escondía. Había un montón: de diferentestamaño, forma, cor...



* Mirade para canto nos deron uns OVOS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.