martes, 20 de setembro de 2016

COME SAN!

O "aperitivo" de media mañán é un momento no que @s pequech@s repoñen forzas para afrontar o resto da xornada escolar. 

Para min todo o que ten que ver coa alimentación merece un trato de interese dentro da aula, xa que na educación d@s pequech@s deben ocupar especial relevancia os hábitos de vida saudable e unha boa alimentación.

Por iso é importante que para a "merenda" (como eles mesmos denominan) de antes de recreo, lles mandedes alimentos que entren dentro do marco dunha dieta equilibrada:
* Procurar recurrir a productos naturais como  froitas de tempada.
* Evitar productos elaborados, repostería industrial, alimentos ricos en graxas ou azucres...
* Variar a merenda ó longo da semana.

Na Aula de Bere este curso temos o lema de "COME SAN!" para fomentar todo o anterior. Comezaremos por estimular unha boa alimentación na merenda, e para iso preparei un sistema de rexistro relacionado coa froita, xa que este grupo de alimentos ten unha presencia fundamental na nosa dieta diaria, no que cada nen@ acumulará un corazón cada día que traia froita, cando reunan 10, recibirán un pequeno premio.




Na nosa porta ademais do panel de rexistro da froita, temos unha PIRÁMIDE ALIMENTARIA que será a base en torno a cal xirará a nosa proposta de "Come san!". A partir de ahí traballaremos e aprenderemos ó longo de todo o curso.





* Deixovos aquí unha fotos da "merenda" de hoxe, na que espontaneamente todo o grupo se xuntou para facer un "picnic" improvisado. Simplemente xeniais!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.