domingo, 11 de setembro de 2016

ÚLTIMAS HORAS PARA VOLVER...

A estas horas xa case todos @s pequech@s estarán na cama preparados para afrontar o día que lles espera mañán, xa que toca...

VOLVER Ó COLE!

A porta de A AULA DE BERE agarda abrirse para acoller a un novo grupo de alumn@s.


Por fin os corredores do cole encheranse de novo dos pasos, das voces e das risas d@s nen@s, que voltan un curso máis (uns cun máis ganas ca outros) para aprender unha morea de cousas novas.

A miña labor coma mestra radica en conseguir que esas novas aprendizaxes as adquiran dentro dun ambiente rico en estímulos, motivador, onde se sintan e sexan os verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe. Que para eles sexa unha aventura aprender e o cole se convirta nun lugar ó que desexen volver cada día cargados de alegría e ilusión. Ensinar dende o corazón para chegar ós seus corazóns.

Moita sorte a tod@s @s pequech@s para mañán...

FELIZ VOLTA Ó COLE!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.