xoves, 29 de xuño de 2017

48000 VISITAS

Un pouquiño antes de pechar o blog por "VACACIÓNS" , acadamos as 48000 VISITAS!


Aproveito para agradecervos a vosa fidelidade durante todo o curso, pois, ao fin e ao cabo,  A AULA DE BERE está feito para vós, e sen vós deixaría de ter sentido!

MIL GRAZAS FAMILIAS!



mércores, 28 de xuño de 2017

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

A pesar de que o cole xa rematou, pásome por aquí para deixarvos a FOTOMANXE recopilatoria do proxecto: 

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Neste proxecto, como xa puidéchedes ir comprobando nas diversas publicaións realizadas neste blog ao longo do curso, quixemos observar como incluia o clima e o paso das estacións nas árbores do noso patio.

Este é o resultado!


sábado, 24 de xuño de 2017

DEBERES DE VERÁN...


... PARA NAIS E PAIS!



“TAREFAS” para o VERÁN

Pouco a pouco, e case sen decatarnos, o curso  
rematou, e toca gozar merecidamente das  VACACIÓNS:

·        Ide á piscina, á montaña, á praia... a coñecer novos e fermosos lugares da nosa terra.

·        Cantade a “grito pelado” mentres viaxades no coche.

·        Mirade con atención cada sitio  ao que vaiades para aprender algunha cousa nova. (Contádelle anécdotas, dádelle información interesante...)

·        Facede castelos, construcións, esculturas ou escribide na area.

·        Enterrade os pés na area e deixade que o mar volos desenterre.

·        Saltade as olas.

·        Quedade a observar un fermoso atardecer.

·        Facede unha guerra de globos de auga ata quedar coma pitos.

·        Probade as froitas típicas desta estación.

·        Manchade  toda a roupa mentres se derrete un xeado.

·        Observade as nubes mentres lle buscades algún parecido.

·        Deixade voar a vosa imaxinación e a vosa creatividade inventando historias fantásticas.

·        Lede contos divertidos antes de ir a durmir para ter soños marabillosos.

·        Falade moito e escoitade todo o que vos teñen que dicir.

E a tarefa máis importante:


        PASÁDEO XENIAAAAAAAALLLLLL!


FELICES VACACIÓNS!

venres, 23 de xuño de 2017

FIN DE CURSO

E chegou o DÍA...

O DERRADEIRO día deste curso 2016.17





Despois de ter o traballo rematado e ben feito dende xa hai tempo hoxe tocaba celebralo por todo o alto:









* Gozamos coa actuación estelar de O MAGO ANTÓN que nos deixou abraiados con cada truco de maxia... rematamos dicindo... COMO O FIXO?








* Repuxemos forzas!



* E empapámonos na FESTA DA AUGA!







E chegou o momento da despedida!



Bicos, apertas, e ata pronto!


Que gocedes dun FELIZ VERÁN!



xoves, 22 de xuño de 2017

COMILONA DE DESPEDIDA

Mañán remata o curso, pero como a nós nos gusta "pouco" a festa, comezaos a celebrar un día antes...

Por iso hoxe fixemos a tradicional COMILONA de despedida.




Pero entre petisco e petisco, tamén lle botamos uns bailes e divertímonos moito!



E despois do recreo para endozarnos un pouco... ALGODÓN DE AZUCRE feito no momento! De chupar os dedos!



Outro día para lembrar!

mércores, 21 de xuño de 2017

TITIRITEIROS

Hoxe tivemos a sorte de disfrutar dunha actuación en directo dun dúo de TITIRITEIROS, que nos agasallaron con diversas historietas narradas e musicadas, que tiñan sempre como acompañamento unha pequena cantiga pegadiza que nos enganchaba dende a primeira nota.


Cada historia tiña como protagonistas a títeres de diferentes estilos: de luba, marionetas, articulados...

Rimos sen parar e gozamos de cada relato:

* O do esqueleto que morreu cabando o tunel do monte navallo de Lalín para que pasara o tren.





* Trenzando cintas arredor dun pao cun títere na punta.







* Vendo como ao son da cantiga o cura se achegaba á criada.









* Observando os cachiporrazos que se daban estes monicreques.






* Abraiándonos coas acrobacias no trapecio de Bartolo Bartoluchi.









* E escoitando a famosa historia de "As vodas do tío Perico", na que o galo Quirico é o protagonista.


PRE-ANIVERSARIOS

Non podíamos deixar rematar o curso, sen celebrar o ANIVERSARIO dos nen@s que cumplen anos durante o verán...

Así que hoxe festexamos o PRE-ANIVERSARIO de:

LARA, BRAIS e JOSÉ LUIS


cunha gran festa con biscoitos, aperitivos, chuches... 


MOITAS FELICIDADES!

martes, 20 de xuño de 2017

RECTA FINAL...

Esta é a derradeira semana do curso...

Pouquiño a pouco os meses pasaron e 1º chega á súa fin!

Despois de tanto traballo ben feito e dun montón de aprendizaxes novas ás nosas espaldas, ben temos merecido un remate de curso que faga que marchemos con ganas de quedar.

Estos días:

* Os alumn@s seguen sendo protagonistas da súa aprendizaxe...



* Construimos xuntos...



* Xogamos...



* Divertímonos...



* E seguimos coidando o noso horto...



Así da gusto rematar o curso!


sábado, 17 de xuño de 2017

INTERACCIONANDO CON OUTROS NIVEIS

Hai moitas maneiras de aprender, e unha delas, e aprender socaializando, INTERACCIONANDO cos demais. 

Esta semana, tivemos a sorte de poder gozar dun fermoso CONTO, narrado pol@s alumn@s de de E.P.



Tamén realizamos unha sesión de xogo libre no ximnasio c@s alumn@s de Infantil, neste caso, nós, os de , fixemos de guías do xogo.



Pasámolo en grande!

xoves, 15 de xuño de 2017

7° ANIVERSARIO: OMAR

Hoxe celebramos que OMAR estreou un aniño máis... E xa van 7!




Cantámoslle, soprou as velas e... degustamos  un delicioso biscoito... mmm!


FELICIDADES OMAR!



luns, 12 de xuño de 2017

MALAS HERBAS

Os cultivos do noso HORTO, van medrando, pero xunto con eles tamé medran MALAS HERBAS, que é preciso retirar, para que non lle quiten o "alimento".

Así que mans á obra!




Mirade como medrou todo!


venres, 9 de xuño de 2017

TEATRO ANPA INFESTA

Hoxe, puidemos gozar cunha sesión de TEATRO en directo, da man do grupo de Teatro ANPA INFESTA, do que forman parte alumn@s do noso cole, de diversos cursos.



No ximnasio montaron o seu peculiar escenario, xa que simulaba a carpa dun circo. Nela ocorreron multitude de disparatadas accións circenses.



Noraboa a tod@s os artitas!

martes, 6 de xuño de 2017

EXCURSIÓN

IMOS DE EXCURSIÓN
Á ILLA DE SAN SIMÓN!


Con este cántico iniciamos o día de hoxe, o día que @s pequech@s, e eu tamén, levamos agardando dende hai moito tempo...

A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!

Chegaban coas cariñas cheas de felicidade  e cunha manchea de nervios e ilusión, que a moitos non lles deixou pegar ollo pola noite.


Dende o primeiro momento, no AUTOBÚS, comezamos a divertirnos e pasalo xenial, acompañando a viaxe con cánticos.




Paramos en MEIRANDE, para coñecer un pouco da historia da BATALLA DE RANDE. Encantounos!




E despois... EMBARCÁMONOS na aventura!



Tomamos un pequeno aperitivo a bordo do catamarán, pois... as excursións abren o apetito!





E puxemos pé en SAN SIMÓN




E guiados polo Capitán Pirata Oscar e a súa axudante a Pirata Cris, marchamos de EXPEDICIÓN pola illa. 



Aprendemos moitas cousas curiosas sobre a mesma, a súa historia, as súas edificacións, o uso que recibiu a illa... Mellor dito, AS ILLAS!

Pois a Illa de San Simón, está unida por unha pequena ponte, á ILLA DE SAN ANTÓN



Comemos para repoñer forzas.




Xogamos!




De regreso no barco, gozamos das maravillosas vistas da ría de Vigo.




E por último... autobús de regreso ao cole!



UN DÍA XENIAL!