Hoxe, 30 DE XANEIRO, no CPI de Pontecesures
conmemoramos o:
DÍA ESCOLAR
DA NON VIOLENCIA E
DA PAZ
Apostamos por unha educación onde valores como a tolerancia, a
solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e
a paz estean presentes, non so o 30 de xaneiro, todos os días do ano.
En cada sesión co alumnado intentamos
inculcar unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz, para
así conseguir que o alumnado adquirira coñecementos, actitudes e competencias
que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e
comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.
Este curso apostamos por traballar a Paz enlazándoa co DEPORTE.
Dende hai semanas, cada aula, xunto cos especialistas de E.F., comezaron a
traballar este tema, buscando NOTICIAS relacionadas con conductas DEPORTIVAS e ANTIDEPORTIVAS.
Estas noticias foron analizadas dende unha ollada crítica, co fin de poder
sacar de elas todo o “xugo” e así ver como o ámbito deportivo debe camiñar
estreitamente da man da paz.
Na aula de 5º, quixemos afondar máis profundamente no tema, e tras realizar
unha asemblea inicial na que todos aportaron as súas vivencias propias no mundo
do deporte, pasamos a realizar un remuiño de ideas do que sacamos un conxunto
de RESPONSABILIDADES que recollían as actitudes que
deberían primar por riba de todo, tanto como xogadorxs ou como espectadorxs.
Cando nos puxemos a reflexionar, nas diferentes sesións dedicadas a este
tema, decatámonos da cantidade de “barbaridades” que se viven tanto dentro do
campo como dende as gradas... conductas que queremos erradicar.
De todo este traballo de reflexión e crítica, “naceu” este decálogo:
Dende E.F. fomos un pasiño máis alá, e
mergullámonos dentro dun terreo que nos pareceu moi enriquecedor para o alumnado.
Traballamos o DEPORTE dende a DISCAPACIDADE.
Empregamos o deporte como fío condutor para abordar un tema que precisa ser
traballado dende a infancia non só para sensibilizar ao alumnado, senón para
facelo visible, normalizalo e así conseguir non só a integración, senón a INCLUSIÓN.
Comezamos a traballar a DISCAPACIDADE analizando o significado do
concepto en si, que engloba a palabra, que tipos de discapacidade coñecemos...
Tamén realizamos o visionado de
diversos vídeos sobre o tema, algúns moi impactantes, cos que abrimos unha
asemblea na que analizamos como pode ser o día a día dunha persoa
discapacitada, e con que barreiras se atopa. Non só arquitectónicas, senón tamén
sociais, posto que as persoas, cos prexuízos e con actitudes de discriminación
tamén dificultamos a inclusión.
Quixemos que vivisen nas súas carnes o que pode ser ter algún tipo de
discapacidade, neste caso, realizamos diversas actividades e xogos nos que incapacitábamos
o sentido da vista e outras con algunha incapacidade a nivel motor.
O broche de ouro puxémolo hoxe, DÍA
DA PAZ, onde realizamos unha XORNADA DEPORTIVA na que participou todo o centro e na que o alumnado realizou varias
exhibicións dalgunha das actividades de SENSIBILIZACIÓN COA DISCAPACIDADE levadas a cabo dende E.F.
En EDUCACIÓN INFANTIL realizaron actividades “a cegas”:
* Os de 3 anos intentaron pasarse o balón por parellas, mentres un membro
da parella estaba cun antifaz.
* Os de catro realizaron un pequeno circuito de orientación a cegas con
axuda dun compañiro “lazarillo”.
* Os de 5 anos fixeron un xogo de orientación no que debían completar un
camiño de aros a cegas, mentres un compañeiro o guiaba a través do tacto con
código de toques para moverse nas diferentes direccións.
En EDUCACIÓN PRIMARIA:
* O alumnado de 1º a 4º, practicaron BALONMÁN cunha soa man.
* O alumnado de 5º e 6º, practicaron GOALBALL (deporte a cegas).
En EDUACIÓN SECUANDARIA:
* Realizaron un minitorneo de GoalBall.
Seguiremos traballando día a día, para que os 365 días do ano, consigamos
facer realidade a palabra PAZ.