Hoxe retomamos as clases e fixémolo dunha
maneira espacial para o alumnado de 4º de E.P. que comezou o 2º trimestre participando
na iniciativa XOGADE.
* EN QUE CONSISTE XOGADE? (Fai click para descubrilo)
A primeira hora da mañá dirixímonos a Catoira para vivir unha xornada
deportiva, na que xs nenxs do CPI de PONTECEURES puideron xogar a diversos
deportes co alumnado do CPI Progreso de Catoira.
Trátamos así de fomentar o deporte dende
unha perspectiva educativa na que prima a actividade física, a competitividade
san, a diversión, a interacción cxs alumnxs de diferentes centros...
Suaron a camiseta e gozaron deste gran
día, no que o resultado foi o de menos, porque TODXS GAÑARON con esta
experiencia!
Ao longo deste trimestre, seremos nos os “anfitrións”
que recibiremos a outros centros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.