O outro día
HELENA, trouxo á clase unha caixiña que contiña “unha curiosidade”...
Na súa casa,
atopara este diminuto “botixo” de barro... que despois de realizar unha
exhaustiva investigación coa axuda da súa familia, ata chegar á conclusión de que se trataba dun niño de
AVESPA OLEIRA (avispa alfarera).
Helena,
falounos un pouco sobre esta peculiar clase de avespa:
*
A avespa oleira é unha subfamilia de avespas.
Fai
os seus niños con barro e auga dos charcos. Unha vez construído o niño caza
arañas, que adormece co seu veleno e introdúceas no niño; pon un ovo e tapona o
niño con barro.
Cando
a eiruga nace, come as arañas que a súa nai lle deixou, faise máis grande e
convértese en crisálida.
E,
efectivamente, como o seu nome indica, puidemos observar ben de preto que o
niño é unha autentica obra de artesanía oleira en miniatura.
Encántanos
aprender grazas á “curiosidade” dxs alumnxs, que traen á clase cousas como
esta, para compartir cxs compañeirxs.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.