luns, 21 de xaneiro de 2019

O CORRO DAS FADAS


No noso patio observamos algo moi curioso...
Unha especie de círculos, nalgún caso incluso varios xuntos, no que había setas e a herba medraba máis grande.


Xa sabedes, que dende A AULA DE BERE, gústanos aproveitar cada situación para aprender, a través da observación, da análise, da busca de información...
Así o fixemos, saímos a observar este “fenómeno”, e despois entre todos analizamos o observado.



Para axudarlles un pouco na busca da información, díxenlle que se trataba dun CORRO DE FADAS.
Cada alumnx encargouse de recompilar datos e imaxes para facer unha posta en común, e aprender un pouco máis sobre esta curiosa observación.



* Os CORROS DE FADAS, tamén coñecidos como “aneis de fadas” ou “círculos de bruxas”, son círculos de crecemento diferencial da vexetación, producidos por diversos tipos de setas ou fungos que medran de maneira circular. Soen facelo en prados ou zonas abertas onde non atopan ningún tipo de obstáculo.
Poden acadar un diámetro de 10 metros, pero hai algúns que superan os 70, e algúns superan os centenares de metros.
Cada ano, o anel, pode medrar entre 10 e 60 cm, de diámetro
Estes aneis ocupaban un lugar importante na mitoloxía europea do século XVIII, no que se pensaba que eran lugares onde danzaban fadas, meigas, trasnos...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.