mércores, 23 de decembro de 2020

BO NADAL

 

A AULA MEIGA (4º E.I. A) do CEIP LÓPEZ FERREIRO desexámosvos un

BO NADAL




O APALPADOR

 APALPADOR,  é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal de Galicia.

O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro, segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles na barriga para ver se comeron abondo durante o ano. Déixalles unha presa de castañas, (eventualmente pode deixar algún agasallo) e deséxalles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".

 

Dende a nosa aula quixemos traballar esta figura do noso Nadal, posto que nos gusta achegar ao noso alumnado á tradición e á cultura da nosa terra.

 

Aproveitamos para escoitar, bailar e gozar cos diversas cantigas sobre esta personaxe tan peculiar:


 "A CANTIGA DO APALPADOR" - Malvela

 



"O APALPADOR" - Brinca Vai



"O APALPADOR - canción e  baile" - Javier Prado


Eliximos unha que nos encantou e que o grupo A GRAMOLA GOMINOLA estreou para estas datas, e intentamos imitar o seu APALPADOR empregando as mesmas técnicas plásticas.


 "O APALPADOR - canción e  baile" - A Gramola Gominola



"O APALPADOR" - A nosa versión



Tamén fixemos un PHOTOCALL do Apalpador.

 







E como agasallo de Nadal, preparei BROCHES do Apalpador para todo o alumnado.



 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

As VACACIÓNS DE NADAL poden dar moito de si, se sabemos como aproveitar o tempo.

Dende logo, unha das mellores maneiras de inverter o tempo do que dispoñemos é a través da LECTURA.

Por iso, dende o CEIP LÓPEZ FERREIRO, fixemos unha serie de RECOMENDACIÓNS LECTORAS para estas datas.

A nosa aula fixo a súa particular aportación (podedes vela no minuto 8:30 do vídeo).

https://bibliolulu.blogspot.com/2020/12/o-alumnado-do-lopez-ferreiro.html#




OS XOGUETES QUE QUEREMOS

No NADAL, figuras como o APALAPADOR, PAPÁ NOEL ou OS REIS MAGOS, precisan saber cales son os agasallos que xs cativxs desexan e ansían con todas as súas forzas; para ”axudarlles” neste tarefa contamos con CATÁLOGOS DE XOGUETES, que por desgraza, a gran maioría das veces transmiten estereotipos de xénero e non apostan pola integración da diversidade funcional nin da diversidade racial.

Este ano, dende o equipo de Educación Infantil en particular, e coa participación dalgún curso de Educación Primaria, quixemos elaborar un catálogo “único, diferente, con moito amor, ilusión, motivación e ganas de cambiar o mundo”.

O noso traballo comezou coa análise en profundidade dos catálogos deste Nadal: observando detidamente cada folla para posteriormente reflexionar e debater sobre o observado.


Como o noso catálogo é diferente, ademais da igualdade aposta por loitar contra o consumismo, por iso as nosas propostas de xogos e xoguetes está elaboradas polo alumnado con material de refugallo ou materiais de uso cotiá.

A nosa aula centrouse na sección dos MEDIOS DE TRANSPORTE:

 





Foi un traballo moi completo, divertido e enriquecedor, e este foi o RESULTADO!

 

Dende aquí podedes acceder ao CATÁLOGO:

“OS AGASALLOS QUE QUEREMOS”

https://es.calameo.com/read/005933381a7701a452ea5?page=1

 

luns, 21 de decembro de 2020

PANXOLIÑAS

Hoxe foi un gran día!

Un gran día no terreo MUSICAL! Pois tivemos a sorte de desfrutar en vivo e en directo de música desta época... AS PANXOLIÑAS!

 

No patio de columnas tivemos un paso especial de PANXOLIÑAS TRADICIONAIS GALEGAS que correron á conta de Inés e Xan (nai e pai de Telmo e Aloia, alumnos de 4º e 6º de E.I.).

Ataviados cunha zanfona e varios instrumentos de percusión (bombo, pandeireta, cazú, tarrañolas) e cargadiños de ilusión interpretaron varias panxoliñas no patio de columnas para todo o alumnado de E.I.



Desfrutamos dun gran momento, no que non só puidemos gozar coa escoita de panxoliñas, senón que nos achegaron á tradición da nosa cultura á vez que nos mostraban diversos instrumentos, tamén moi nosos.




Trouxeron ao noso centro a tradición (por desgraza cada día menos practicada) de cantar panxoliñas de porta en porta no Nadal pedindo o AGUINALDO

Que importante e facer valer e perpetuar as nosas tradicións, e que mellor que facelo trasmitíndollo ás novas xeracións. 



A actuación foi todo un éxito, metéronse ao público no peto... normal cando algo se fai con tanta paixón e corazón.




Moitísimas grazas Inés e Xan. Agardámosvos para a próxima!

 

Pero a cousa non acababa aí, pois ao longo da mañá recibimos unha visita “sorpresa” da profe Marta, que nos interpretou varias panxoliñas típicas do Nadal e coñecidas en todo o mundo a través do seu VIOLÍN!

 




Unha xornada musical en toda regra... así da gusto desfrutar do penúltimo día de cole antes das vacacións de Nadal!


* Estes días subirei algún vídeo destas actuacións. 


TARXETA DE NADAL

 Cal é a mellor maneira de felicitar estas festas?

Pois a través dunha TARXETA DE NADAL!

 



Na nosa aula queixemos facer unha postal moi especial... xs pequechxs transformáronse en RENOS, coa nariz vermella e todo!

 



BO NADAL FAMILIAS!


domingo, 20 de decembro de 2020

A ESTRELA DA NOSA ÁRBORE

 


A nosa ÁRBORE DE NADAL estaba incompleta... faltáballe a estrela, e aproveitando que no noso calendario de advento nos tocou facer unha MANUALIDADE, aproveitamos para elaborar a nosa propia ESTRELA.



E como podíamos facer a estrela máis especial? Pois facendo que tivese tantas puntas como dedos temos todxs xs alumnxs da clase.



Así de chula luce no cumio da nosa árbore, 

ben dourada e brillante!



DEICA PRONTO HELENA!

Dende o mes de NOVEMBRO tivemos a sorte de contar coa presenza de Helena na nosa aula, unha alumna en prácticas da Facultade de Mestrxs, que estivo realizando o seu período de prácticas.

Despois de compartir o día a día con nós, o venres tivemos que despedirnos dela, xa que a pesar de que rematou o seu período de prácticas agardamos que veña pronto de visita, pois as portas da nosa aula sempre estarán abertas para ela.

Foron meses de aprendizaxe conxunta, de compartir vivenzas, de experimentar, de xogar, de contar contos, de cantar cantigas, de entrar en contacto coa tradición oral, de festexar conmemoracións... en definitiva, foi un tempo de aprendizaxe conxunta!

 

Para que nos acordemos sempre dela, Helena trouxo uns agasallos: uns fermosos bonecos de neve feitos a man con todo o seu cariño. Nunca te esqueceremos!



E nós, para que ela non nos esqueza, preparámoslle unha recompilación cos nosos debuxos e algunhas fotos das que sacamos con ela durante estes meses. 

 



 DEICA PRONTO HELENA!


sábado, 5 de decembro de 2020

COMEZAMOS DECEMBRO: Calendario de Advento

 Esta semana estreamos novo mes, o derradeiro do ano. Démoslle a benvida a DECEMBRO: o mes do NADAL!

É unha época do ano especial, que vai moito máis aló de crenzas relixiosas. Independentemente diso, a gran maioría das persoas de todo o mundo festexan estas datas centrándose na ilusión e na familia.

As rúas énchense de luces, os fogares decóranse con árbores de nadal repletos de boliñas, no ambiente resoan panxoliñas... e este ano, no que a pandemia foi a principal protagonista, precisamos máis ca nunca, festexar, rir, desfrutar, ilusionarnos, vivir o nadal como cando éramos cativxs.

No cole decidimos retomar a tradición do CALENDARIO DE ADVENTO. Este é un calendario de “conta atrás” para calcular os días que faltan para o nadal, por iso  vai dende o 1 ao 24 de decembro.

En moitos fogares, xs pequechxs teñen un calendario no que cada día abren unha portiña a procura dunha “chocolatina”. No noso caso, reinventámolo, para ter cada día unha proposta de nadal para a aula.

Estes primeiros días as propostas foron as seguintes:

 


CALENDARIO DE ADVENTO: 1 DECEMBRO

* Preparar a ÁRBORE DE NADAL.

A nosa árbore será de tubos de cartón (imos a empregar materiais de refugallo).

Pintamos de verde todos os tubos.



Unha vez secos, toca organizalos e montar a árbore. Contamos o número de tubos e seleccionamos o tubo máis longo para o tronco. Despois ordenamos os demais tubos de máis longo a menos longo (non só realizamos unha actividade plástica, tamén traballamos conceptos de lóxicomatemática).


Amarramos os tubos entre si, e este é o resultado:


 

CALENDARIO DE ADVENTO: 2 DECEMBRO

* MANUALIDADE:  preparar as BOLIÑAS para decorar a árbore.

Que sería dunha árbore sen boliñas? Nada, verdade?

Pois pintamos boliñas de pórex.



Unha vez secas, colgámolas na nosa árbore!





Isto vai collendo forma...

 

CALENDARIO DE ADVENTO: 3 DECEMBRO

* Poñerlle LUCES á nosa árbore.

Se Vigo fai unha celebración por todo o alto para prender o seu alumeado de nadal, nos non podíamos ser menos.

Preparamos o noso particular prendido de luces:



3... 2... 1... BO NADAL!