O 3 de DECEMBRO celebrouse
o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON
DISCPACIDADE co
obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en
todos os ámbitos da sociedade, así como conciencias sobre a súa situación en
todos os aspectos da vida.
O lema da campaña deste ano é “UN DÍA PARA TODXS”.
Unha persoa con discapacidade é aquela que tendo unha ou máis deficiencias físicas, mentais (sexa por causa psíquica ou intelectual), ou sensoriais, de carácter temporal ou permanente, ao interactuar con diversas barreiras do entorno, ve impedida ou restrinxida a súa participación plena e efectiva na sociedade, en igual dade de condicións coas demais.
As persoas con discapacidade son a
minoría máis ampla do mundo, e soen ter máis dificultade que outros colectivos
para acceder por exemplo á educación ou mesmo ao mercado laboral. Isto débese á
falta de recurso que lles faciliten á vida: acceso ao transporte, á información
(no caso da discapacidade sensorial)... A todo isto debemos sumarlle a
discriminación socia e a falta de lexislación axeitada.
Moitas veces a ignorancia é a causa da discriminación, pois cando se eliminan as barreiras e obstáculos de integración, estas persoas poden colaborar activa e produtivamente na sociedade.
Para conseguir eliminar as barreiras
mentais e a discriminación contra a discapacidade é fundamental facela visible
dende a infancia. Na aula, a educación en valores cobra relevancia neste
aspecto. É fundamental que dende a escola (e por suposto, dende a familia)
traballemos a discapacidade dende o respecto e a empatía, para camiñar non cara
a igualdade, senón cara a equidade.
Dende comezo de curso, escoitamos e
desfrutamos coa música e as cancións de MARÍA
FUMAÇA, un
proxecto musical de celebración da vida, dende onde se promove apoiar os valores de inclusión e diversidade.
“Ducias
de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco,
Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e
moitas amigas e amigos... viaxan nun libro-disco, con CD e DVD, no tren máis
festeiro que nunca houbo nin haberá”.
Ruí é o maquinista deste fermoso e valioso tren, e ensínanos cada día o valor da vida e dos afectos!
Na nosa aula, xs peques desfrutan das
cancións, nas que recoñecen a voz de Ruí cantando e gritan o seu nome en alto
cada vez que o atopan movéndose ae desfrutando da música no vídeoclip
proxectado na PDI. Pero sen dúbida, hai unha moi especial para eles, coa que se
quedan impactadxs observando e desfrutando:
“RUÍ E AS BALEAS”
(Cando o vexades entenderédelo todo!)
Déixovos os enlaces de varias cancións
de María Fumaça. Hai moitas máis, que vos animo a descubrir.
* A HORTA DE BALBINA (Canción incluída no libro.disco DVD AIRE María Fumaça .
Editorial Galaxia. 2016).
* FUN AO MERCADO (Canción incluída no libro-disco-DVD 'María Fumaça'. Editorial
Galaxia, colección Sonárbore, 2012).
* Agora que ven o Nadal, hai moitos libros CD/DVD de música galega de calidade
que se poden converter nun gran agasallo para os vosos fogares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.