Enténdese por EMOCIÓN o conxunto de reaccións orgánicas que experimenta un individuo cando responden a certos estímulos externos que lle permiten adaptarse a unha situación con respecto a unha persoa, obxecto, lugar...
A emoción caracterízase por ser
unha alteración do ánimo de curta duración de maior intensidade que un
sentimento.
A educación nunca é completa nin integral se deixa de lado un
aspecto tan importante como a parte emocional.
En idades tan tempranas como as do meu alumnado, é complicado
recoñecer e controlar as emocións, pero debemos traballar para identificalas, e
pouco a pouco poder comprendelas e así xestionalas axeitadamente.
Durante este trimestre estivemos traballando co conto
O MONSTRO DE CORES
que se centra nas emocións fundamentais e básicas: ALEGRÍA, TRISTEZA,
RABIA, MEDO, CALMA
e AMOR.
Cada emoción é representada cunha cor e mesmo con expresións
faciais facilmente recoñecibles.
Despois de ler o conto,
analizámolo e reflexionamos sobre cada emoción.
Realizamos varios
faladoiros para verbalizar que cousas ou situacións nos facían sentir alegres,
tristes, rabiosxs...
Plasmamos nun papel cada unha das nosas emocións:
Metemos os papeis das nosas emocións nos botes correspondentes (para poder telas a man cando nos fagan
falta).
Na aula temos os nosos propios MONSTROS DE CORES feitos con depresores,
custodiando e representando cada bote.
Cada alumnx fixo o seu propio LIBRIÑO DAS EMOCIÓNS composto polo monstro de cores e o s seus botes, onde
cada peque pegou gomets da cor
correspondente.
Non só traballamos sobre papel, ou falando, tamén expresamos a nosas emocións a través de xestos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.