Hoxe foi un gran día!
Un gran día no
terreo MUSICAL! Pois tivemos a
sorte de desfrutar en vivo e en directo de música desta época... AS PANXOLIÑAS!
No patio de columnas
tivemos un paso especial de PANXOLIÑAS TRADICIONAIS GALEGAS que correron á conta de Inés e Xan (nai e pai de Telmo e Aloia, alumnos de 4º e 6º de E.I.).
Ataviados cunha zanfona e varios instrumentos de percusión (bombo, pandeireta, cazú, tarrañolas) e cargadiños
de ilusión interpretaron varias panxoliñas no patio de columnas para todo o
alumnado de E.I.
Desfrutamos dun gran momento, no que non só puidemos gozar coa escoita de panxoliñas, senón que nos achegaron á tradición da nosa cultura á vez que nos mostraban diversos instrumentos, tamén moi nosos.
Trouxeron ao noso centro a tradición (por desgraza cada día menos practicada) de cantar panxoliñas de porta en porta no Nadal pedindo o AGUINALDO.
Que importante e facer valer e perpetuar as nosas tradicións, e que mellor que facelo trasmitíndollo ás novas xeracións.
A actuación foi todo
un éxito, metéronse ao público no peto... normal cando algo se fai con tanta
paixón e corazón.
Moitísimas grazas Inés e Xan. Agardámosvos para
a próxima!
Pero a cousa non
acababa aí, pois ao longo da mañá recibimos unha visita “sorpresa” da profe Marta, que nos interpretou varias panxoliñas típicas do Nadal e
coñecidas en todo o mundo a través do seu VIOLÍN!
Unha xornada musical
en toda regra... así da gusto desfrutar do penúltimo día de cole antes das
vacacións de Nadal!
* Estes días subirei algún vídeo destas actuacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.