sábado, 5 de decembro de 2020

COMEZAMOS DECEMBRO: Calendario de Advento

 Esta semana estreamos novo mes, o derradeiro do ano. Démoslle a benvida a DECEMBRO: o mes do NADAL!

É unha época do ano especial, que vai moito máis aló de crenzas relixiosas. Independentemente diso, a gran maioría das persoas de todo o mundo festexan estas datas centrándose na ilusión e na familia.

As rúas énchense de luces, os fogares decóranse con árbores de nadal repletos de boliñas, no ambiente resoan panxoliñas... e este ano, no que a pandemia foi a principal protagonista, precisamos máis ca nunca, festexar, rir, desfrutar, ilusionarnos, vivir o nadal como cando éramos cativxs.

No cole decidimos retomar a tradición do CALENDARIO DE ADVENTO. Este é un calendario de “conta atrás” para calcular os días que faltan para o nadal, por iso  vai dende o 1 ao 24 de decembro.

En moitos fogares, xs pequechxs teñen un calendario no que cada día abren unha portiña a procura dunha “chocolatina”. No noso caso, reinventámolo, para ter cada día unha proposta de nadal para a aula.

Estes primeiros días as propostas foron as seguintes:

 


CALENDARIO DE ADVENTO: 1 DECEMBRO

* Preparar a ÁRBORE DE NADAL.

A nosa árbore será de tubos de cartón (imos a empregar materiais de refugallo).

Pintamos de verde todos os tubos.



Unha vez secos, toca organizalos e montar a árbore. Contamos o número de tubos e seleccionamos o tubo máis longo para o tronco. Despois ordenamos os demais tubos de máis longo a menos longo (non só realizamos unha actividade plástica, tamén traballamos conceptos de lóxicomatemática).


Amarramos os tubos entre si, e este é o resultado:


 

CALENDARIO DE ADVENTO: 2 DECEMBRO

* MANUALIDADE:  preparar as BOLIÑAS para decorar a árbore.

Que sería dunha árbore sen boliñas? Nada, verdade?

Pois pintamos boliñas de pórex.



Unha vez secas, colgámolas na nosa árbore!





Isto vai collendo forma...

 

CALENDARIO DE ADVENTO: 3 DECEMBRO

* Poñerlle LUCES á nosa árbore.

Se Vigo fai unha celebración por todo o alto para prender o seu alumeado de nadal, nos non podíamos ser menos.

Preparamos o noso particular prendido de luces:



3... 2... 1... BO NADAL!



 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.