“CANDO A CANDELORIA CHORA
MEDIO
INVERNO XA VAI FÓRA.
QUE
CHORE, QUE DEIXE DE CHORAR
A
METADE DO INVERNO ESTÁ POR PASAR”.
Que día tan fermoso para
darlle un lugar destacado no noso quefacer cotiá.
Realizamos un FALADOIRO sobre este día, coñecemos varios refráns e analizámolos sinalando que a Candeloria sinala que xa pasou a metade do inverno e que a partires de aí a primavera estará máis próxima.
Tamén falamos sobre o que iso significa para as aves: as aves que migran coa chegada do inverno por mor do frío e da escasez de alimento e volven cando comeza a primavera, o que supón un aumento das temperaturas e tamén que haxa máis comida por mor da floración.
Ademáis na Candeloria CASAN
OS PAXARIÑ@S!
Como son aves? Como sería o seu casamento? Como podemos debuxalas?