xoves, 12 de maio de 2016

CANTÁMOSLLE Ó MAIO!

Hoxe un grupo de rapaces do Instituto Antón Fraguas, acompañados polo seu mestre de música, viñeron ata o noso cole para cantarlle e tocarlle unhas COPLAS ó noso MAIO.

Primeiro presentáronnos os instrumentos que formaban parte da "Banda do Maio": clarinete, saxo soprano, trompeta, frauta traveseira, gaita, tuba, bombo, tambor, caixón e pandeireta.


Tocaron varias pezas arredor do maio, e nós acompañámolos. Menuda festa rachada organizaron!


E para rematar, sorprendéronnos cunha copla personalizada:


Durante toda a semana gozamos ó máximo desta celebración. E a música en directo foi o broche de ouro!

Grazas por todo rapaces! 
Esperámosvos para o ano que ven.

Así de fermoso loce o noso Maio despois de colocarlle os adornos que o alumnado de E.I. fixo nos talleres durante estes días.


Mirade que chulos quedaron os Maios que debuxaron os pequech@s!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.