martes, 10 de maio de 2016

CULLARAPOS E RAS...EN LIBERDADE!

Como xa sabedes, ANXO CASTRO levou os nosos cullarapos e as nosas ras para liberalos na charca na que hai pouco máis dun mes os collera.

Foi coa súa familia e xuntos, LIBERÁRONOS!


A medida que observábamos as imaxes, Anxo íanos comentando como foi a experiencia. 

De seguro que cando Anxo volva de paseo pola charca, unha fin de semana na que lles faga unha visita ós seus avós, poderá ver como as nosas ras medraron e escoitar como croan.

Moitas grazas á familia de Anxo por axudarme a levar a cabo este proceso cos pequechs e colaborar tanto conmigo, dende que trouxeron os cullarapos á aula, ata que os devolveron á charca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.