sábado, 28 de febreiro de 2015

IX EXPOSICIÓN DA CAMELIA BELLA OTERO

E aquí está o noso expositor lucindo con todo o seu explendor na IX EXPOSICIÓN DA CAMELIA BELLA OTERO.


É un orgullo ver o noso traballo nese lugar. Un traballo conxunto de varios alumnos de diferentes idades que colaboraron e sobretodo disfrutaron e aprenderon realizándoo. 

Moitas grazas aos alumnos e tamén aos mestres que participaron para acadar este magnífico resultado.

E unha mención especial no día de hoxe á mestra de 5 anos A de E.I. e á mestra de 1º E.P., ambas veciñas do Concello de Valga, que fixeron un esforzo adicional ocupándose do traslado e da colocación do noso traballo na exposición.

MOITÍSIMAS GRAZAS!

* Os que vos acerquedes pola exposición podedes sacar FOTOS e mándarllas o luns nun pen aos nenos para facer unha visualización conxunta na aula e comentar a exposicón.


venres, 27 de febreiro de 2015

TRABALLO: IX EXPOSICIÓN DA CAMELIA BELLA OTERO

E aquí está o resultado final!

Este é o traballo que realizamos de forma conxunta: todo Educación Infantil, 1º, 4º A e 5º B de Educación Primaria do CPI de Pontecesures.


O título da nosa creación é: 

"FLORES DA NOSA TERRA"

Un xogo de palabras que une ás camelias coas mulleres galegas ilustres que están incluidas dentro desa casiña.



Na parte dianteira aparece o retrato das GALEGAS ILUSTRES: mulleres que tiveron un papel moi importante ao longo da historia. Na parte posterior leva unha reseña sobre cada muller (debuxo, texto...)

* MARÍA PITA: heroína galega
* EMILIA PARDO BAZÁN: escritora
* ROSALÍA DE CASTRO: escritora
* MARUJA MALLO: pintora
* MARÍA CASTAÑA: revolucionaria
* MARÍA TARSY CARBALLAS: edafóloga
* CONCEPCIÓN ARENAL: 1ª muller universitaria en España
* ÁNGELES ALBARIÑO: oceanógrafa, zoóloga e mestra
* MARÍA CASARES: actriz
* INMACULADA PAZ ANDRADE: física
* CAROLINA OTERO: "a bela Otero", actriz e bailarina
* MARÍA BARBEITO: mestra, socióloga, pedagoga
* MARÍA WONENBURGER: matemática



Recoméndovos que ESTE FIN DE SEMANA, 28 e 29 de Febreiro, vos pasedes polo AUDITORIO DE CORDEIRO (VALGA) para visitar a 

IX EXPOSICIÓN DA CAMELIA
 BELLA OTERO

onde poderedes observar o noso traballo, pero tamén os traballos doutros colexios e agrupacións.


NON VOLO PERDADES!

xoves, 26 de febreiro de 2015

"AS CAMELIAS"

Hoxe estivemos preparando o traballo que o CPI de Pontecesures vai a levar á
ESPOSICIÓN DAS CAMELIAS 
que se celebrará este fin de semana en Valga

Varios cursos do centro estamos a participar na súa elaboración.

Os alumnos de Educación Infantil encargámonos de facer as camelias (a flor en torno á que xira a exposición). Decidimos realizalas en papel de seda, e un grupo de alumnos de 5º de Educación Primaria viñeron a ensinarnos como facelas e a axurdarnos na súa elaboración.


Encantounos contar coa colaboración dos maiores. Gústanos moitos que compañeiros doutros cursos realicen diferentes actividades con nós. 

Estas CAMELIAS de papel, servirán para decorar. Nas seguintes fotos podedes ver un adianto...






Ocórresevos como será o resultado final?

Mañá estará rematado e poderedes velo!

3000 VISITAS!

O blog superou as 3000 VISITAS!

Encantada de achegarvos cada día o que facemos na aula ós vosos fogares.


Moitísimas grazas pola gran acollida que lle estades dando ao blog!
 

mércores, 25 de febreiro de 2015

MURAL: ROSALÍA DE CASTRO

Este é o mural que fixemos onte coa colaboración dos alumnos de 1º de E.P. 





O lema do noso mural é: 

"NÓS TAMÉN SOMOS ROSALÍA,
PORQUE NOS GUSTA A POESÍA!"




Que tal nos quedou?


martes, 24 de febreiro de 2015

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO
24 DE FEBRERIO 



Hoxe foi un día moi especial, xa que estaba adicado a ROSALÍA DE CASTRO.

O ano pasado, no segundo trimestre, tivemos a sorte de visitar a CASA DE ROSALÍA, que se atopa en Padrón, un concello colindante ao noso, Pontecesures.


Hoxe repasamos un pouco da súa vida:

* NACEU EN SANTIAGO DE COMPOSTELA O 24 DE FEBREIRO DE 1837.
OS SEUS PRIMEIROS ANOS DE VIDA PASOUNOS NO PAZO DE ORTOÑO COAS SÚAS TÍAS.
CANDO ROSALÍA TIÑA 12 ANOS A SÚA NAI FAISE CARGO DELA E LEÉVAA A VIVIR A PADRÓN, E POSTERIORMENTE A SANTIAGO.
CON 19 ANOS TRASLÁDASE A MADRID ONDE COÑECE A MANUEL MURGUÍA, CO QUE SE CASARÁ ANOS DESPOÍS.
ALGUNHAS DAS OBRAS DE ROSALÍA: “FOLLAS NOVAS”, “CANTARES GALLEGOS”, “EN LAS ORILLAS DEL SAR”…
FALECE O 15 DE XULLO DE 1885, NA SÚA CASA DE PADRÓN.

Recordamos e recitamos o principio do seu poema máis coñecido, e hata o escribimos:


E en coro animámosnos a cantala:

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES...


Son uns verdadeiros ARTISTAS!

* Tamén fixemos un mural de Rosalía de Castro con axuda dos alumnos de 1º de E.P. , pero teredes que esperar a mañán para poder velo...


luns, 23 de febreiro de 2015

MALETA VIAXEIRA

De novo comezamos a semana abrindo a nosa MALETA e o MALETÍN que viaxan polas casas dos pequerrechos.

* A MALETA VIAXEIRA chegou da casa de HIWOT, quen escribiu no diario o que fixo con ela durante toda a semana: regaloulle un precioso laciño fucsia a Lula co que poder presumir; fixo uns animais super chulos que trouxo para ensinarnos, a paloplato e o pez plato, empregando como o seu propio nome indica, pratos de plástico. E como recita decantouse por unhas madalenas, que ademáis trouxo ao cole para que as probásemos, e...


ESTABAN DELICIOSAS!


Moitas grazas Hiwot!


* O MALETÍN DOS ANIMAIS  veu da casa de   ABI  . O que máis lle gustou do álbum de cromos doi a sección dos cans.
No LIBRO DAS MASCOTAS falounos dos seus PERIQUITOS, que nós xa coñeciamos, xa que no primeiro trimestre pasaron unha tempada con nós na  aula. Pasaban o día piando. Nós dábamoslle alpiste todos os días e cambiábamoslle a auga.
Ademais Abi ensinounos uns animais domésticos que ten a súa avoa e que poñen ovos. Sabedes de que animais se trata? Pois claro, as galiñas! Abi axudalle á súa avoa a coidalas e a collerlle os ovos.
Tamén nos ensinou as mascotas dos seus primos: unha rata chamada Lupita e un canciño que se chama Roky.
Grazas Abi por falarnos das túas mascotas!


Esta semana...

* A MALETA VIAXEIRA marcha á casa de DAMIÁN.

* O MALETÍN DOS ANIMAIS vai á casa de GABRIELA.









domingo, 22 de febreiro de 2015

OS NOSOS CANS

E xa que estamos a aprender cousas sobre as mascotas, e como falamos moito sobre os cans o outro día, aquí vos deixo os DEBUXOS que os pequechiños fixeron sobre este animal.

Que vos parecen os nosos CANS?


* Ademáis de ser unhas maravillosas mascotas, o outro día reflexionamos sobre as diferentes labores que desempeñan estes animais na sociedade: cans policía, cans de salvamento, cans lazarillos...

sábado, 21 de febreiro de 2015

ANIMAIS: Mascotas

Despois das "mini-vacacións" de Entroido, retomamos o Proxecto dos ANIMAIS que estamos desenvolvendo este curso.

Xa aprendemos moitas cousas sobre como e por onde se desprazan os animais, e agora estamos a aprender onde viven.

* Os animais que viven libre na natureza son SALVAXES.

* Os animais que conviven coas persoas son DOMÉSTICOS.

Dentro dos animais domésticos hay 2 grupos:
ANIMAIS DA GRANXA
 e MASCOTAS 

* Os ANIMAIS DA GRANXA axúdannos a facer diferentes tarefas e ademáis dandos os seus productos: leite, ovos, carne...

* As MASCOTAS fannos compañía e dandos o seu cariño.

Primeiramente imos a centrarnos nas MASCOTAS.

Falamos: de que aniamis poden ser mascotas e cales non, de que mascotas teñen eles, de que coidados precisan...

Aproveitando que Damián trouxo un CANCIÑO de xoguete, que llo regalaran polo seu cumpreanos, analizamos detidamente a este animal.

A mascota por excelencia das persoas. 
"O MELLOR AMIGO DO HOME"


Observámolo para ver como era: número de patas, rabo, pelo... e falamos de que tipo de coidados recisaba un can: darlle de comer e de beber, bañalo, sacalo a pasear, limpar as súas necesidades...

Aprendemos un montón de cousas, pero seguiremos aprendendo moitas máis durante os vindeiros días...



* No MALETÍN DOS ANIMAIS, ademáis do álbum de cromos que fixemos entre todos, tamén vai un LIBRO DAS MASCOTAS no que cada familia escribirá sobre as mascotas que ten, para despois contárnolo a todos. 

venres, 20 de febreiro de 2015

BENVIDO BRAIS!

Onte recibimos a noticia de que un antigo alumno, que estivo o cuso pasado na nosa aula voltaba ao cole.

Hoxe recibímolo cos brazos abertos...

BENVIDO BRAIS!


xoves, 19 de febreiro de 2015

CUMPREANOS: DAMIÁN e TELMO

Que mellor maneira que voltar ao cole despois duns días de descanso, e facelo cunha celebración, mellor dito con dúas...

TELMO e DAMIÁN estiveron de cumpreanos e trouxeron un biscoito e unha tarta para celebralo con todos nós.


Que doces tan ricos! mmm...

MOITAS FELICIDADES
Xa tedes 5 anos!



mércores, 18 de febreiro de 2015

FIN DO ENTROIDO!

Hoxe damos por finalizado o ENTROIDO.

Co ENTERRO DA SARDIÑA rematan estes días de festa e de lecer e toca voltar ao cole.


Mañán retomamos as clases con ganas de escoitar a todos os pequechiños contar as súas vivenzas durante estes días de Entroido.

HATA MAÑÁN!

martes, 17 de febreiro de 2015

RECORDOS DE ENTROIDO!

Xa que hoxe é martes de Entroido, pareceume un bo día para votar a vista atrás un ano e recordar os disfraces que levaron os pequeniños da miña aula o curso anterior.

* Nesta foto aparecen Martí E Brais, uns alumnos que este curso cambiaron de cole. 

Ese ano o Entroido do cole tia como tema principal A AUGA, e os de Educación Infantil eleximos disfrazarnos de ANIMAIS ACUÁTICOS.

Foi o primeiro ano no que se realizou un taller de disfraces coas familias, e resultou unha expericiencia ta positiva que por iso repetimos este ano.

Mirade que cambiados están os pequrrechos un ano despois!

QUENLLAS


POLBOS



ESTRELAS DE MAR


TARTARUGAS MARIÑAS


PEIXES GLOBO




domingo, 15 de febreiro de 2015

FELIZ ENTROIDO!

Aproveitade estes días ao máximo!

Disfrazádevos, divertídevos, ride, bailade ao ritmo das charangas...

Comede moito: cocido, filloas, olleras... mmm!

A GOZAR DO ENTROIDO!


sábado, 14 de febreiro de 2015

SEMANA DE ENTROIDO: Venres

O broche final a esta semana puxémolo co gran 
FESTIVAL DE ENTROIDO.

Este curso adicado a INVENTOS E INVENTORES.

Os nosos TRANSPORTES deixaron abraiado a todo o pavillón, que rompeu cun gran aplauso nada máis entrar e comezar a desfilar!


Mirade que guapos!

COCHES



AVIÓNS


BARCOS


TRACTORES


* Que os pequenos estivesen tan guapos non houbese sido posible sen a colaboración dos pais e nais que asistiron ao TALLER DE DISFRACES.

MOITÍSMAS GRAZAS!