xoves, 12 de febreiro de 2015

SEMANA DE ENTROIDO: Xoves

Mirade que guapísimos viñeron hoxe ao cole os meus pequechiños!


Cada un elixiu o disfraz que máis lle gustaba.

Dúas princesas con belísimos vestidos, a raiña de corazóns co seu emblema no peito, dúas fadas coas súas fermosas ás, unha osiña larpeira co seu tarro de mel, unha hindú co seu fermoso velo, o memísimo rei león coa súa maxestuosa melena, uns bebés cos seus chupetes, un corsario pero dos bós, un ninja que se movía con sixilo, ironman disposto a loitar por defendernos, un cabaleiro con escudo e espada, un bombeiro preparado para apagar o lume do demo que viña do mesmo inferno e super mario coa súa gorra vermella.





Hoxe tocou unha festa por todo o alto con degustación de productos de entroido.

Primeiro a encher o bandullo e logo a mover os esqueleto!



* Mañán esperámosovos a todos para desfrutar do FESTIVAL DE ENTROIDO.

Ás 11.30 no PAVILLÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.