luns, 2 de febreiro de 2015

MALETA VIAXEIRA

Como cada luns tocou traer de volta ao cole a Maleta e o Maletín.



ZOE contounos o que fixo coas cousas da MALETA VIAXEIRA: como choveu moito aproveitou para xogar con Lula e Manoliño dentro da casa, coa súa pizarra de Peppa Pig. 
Escribiu un montón de adiviñas sobre os animais protagonistas do conto "A que sabe á lúa" e todos xuntos intentamos adiviñalos. 
Tamén inventou animais, un buho coa cafeteira, unha xirafa coa Torre Eiffel e un crocodilo cunha grampadora, eran super chulos. 
Fíxenos a boca auga coa torta de queixo que fixo!

HELENA falounos sobre o que lle pareceu o álbum de cromos que levou no MALETÍN DOS ANIMAIS.
Tamén nos ensinou as fotos das súas mascotas, que pegou no LIBRO DAS MASCOTAS.
O seus gatos Murfi e Plata, e os seus 6 peixiños de cores.
Contounos que tiveron que levar a Plata ao veterinario porque ten mal unha patiña. Esperamos que se recupere pronto!

Esta semana:

* A MALETA VIAXEIRA vai para a casa de TELMO.

* E o MALETÍN DOS ANIMAIS marcha para a casa de YERAY.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.