luns, 23 de febreiro de 2015

MALETA VIAXEIRA

De novo comezamos a semana abrindo a nosa MALETA e o MALETÍN que viaxan polas casas dos pequerrechos.

* A MALETA VIAXEIRA chegou da casa de HIWOT, quen escribiu no diario o que fixo con ela durante toda a semana: regaloulle un precioso laciño fucsia a Lula co que poder presumir; fixo uns animais super chulos que trouxo para ensinarnos, a paloplato e o pez plato, empregando como o seu propio nome indica, pratos de plástico. E como recita decantouse por unhas madalenas, que ademáis trouxo ao cole para que as probásemos, e...


ESTABAN DELICIOSAS!


Moitas grazas Hiwot!


* O MALETÍN DOS ANIMAIS  veu da casa de   ABI  . O que máis lle gustou do álbum de cromos doi a sección dos cans.
No LIBRO DAS MASCOTAS falounos dos seus PERIQUITOS, que nós xa coñeciamos, xa que no primeiro trimestre pasaron unha tempada con nós na  aula. Pasaban o día piando. Nós dábamoslle alpiste todos os días e cambiábamoslle a auga.
Ademais Abi ensinounos uns animais domésticos que ten a súa avoa e que poñen ovos. Sabedes de que animais se trata? Pois claro, as galiñas! Abi axudalle á súa avoa a coidalas e a collerlle os ovos.
Tamén nos ensinou as mascotas dos seus primos: unha rata chamada Lupita e un canciño que se chama Roky.
Grazas Abi por falarnos das túas mascotas!


Esta semana...

* A MALETA VIAXEIRA marcha á casa de DAMIÁN.

* O MALETÍN DOS ANIMAIS vai á casa de GABRIELA.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.