De novo comezamos a semana co regreso da maleta e do maletín ao cole:
YERAY trouxo o MALETÍN DOS ANIMAIS e contounos que o que máis lle gustou do álbum de cromos foron os gatos. Seguro que foi porque unha das súas mascotas é un gato persa, tal e como nos ensinou no libro das mascotas, onde tamén pegou fotos dos seus periquitos e mandarines, que paxariños tan bonitos.
TELMO trouxo a maleta vixeira. Ensinounos o lazoño que lle fixo a Lula, a nosa mascota da aula. Tamén nos mostrou unhas fotos chúlisimas de cando levou a Lula e a Manoliño de paseo a darlle de comer aos parrulos e aso cisnes.
Co conto de a que sabe a lúa Telmo imaxinou a que lle sabería a lúa a cada animal: ´tartaruga a leituga, ao elefante a herba, á xirafa a follas, ao león a carne, ao mono a banana, ao ratiño á queixo e a Telmo... a amorodos, mmmm!
Inventou uns animais moi chulis: unha araña cun kiwi e uns palillos, e un caracol cun soporte de celo.
Por último sorprendeunos cuanha receita da súa avoa, un delicioso biscoito!
Esta semana:
A MALETA VIAXEIRA marcha á casa de HIWOT.
O MALETÍN DOS ANIMAIS vai á casa de ABIGAIL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.