venres, 30 de setembro de 2016

CREANDO CON FOLLAS... EN EQUIPO

Xa que na aula estamos traballando sobre as árbores e agora nos atopamos na estación do outono, temos un montón de follas, das que recollemos no cole e das que trouxeron @s nen@s. 

Empregámolas para aprender as súas partes, as diferentes formas, texturas... e hoxe propúxenlles unha actividade de "creación colectiva"

Deilles unha cartolina branca e unha variedade de follas, cunha soa indicación: que o equipo se puxese de acordo sobre que facer...

Os materiais a empregar, para completar a súa creación, eran totalmente libres.

Primeiro observaron as follas e cada equipo pensou o que querían facer...



Puxéronse mans á obra...


Este foi o resultado final...




 "Creando en equipo", todo sae mellor!


xoves, 29 de setembro de 2016

RESULTADO FINAL...

REXISTRO: MOREIRA

Este é o resultado final dos rexistro que @s nen@s fixeron onte da Moreira, no que debuxaron a árbore e a súa folla "en vivo e en directo".

Que opinades?




Este é o primeiro rexistro de moitos dos que realizaremos ó longo do curso. 


mércores, 28 de setembro de 2016

ARTISTAS EN VIVO E EN DIRECTO...

Como xa sabedes, este ano fusionamos as asignaturas de ciencias naturais e sociais, para abordalas de xeito globalizado a partir de proxectos.

O primeiro que estamos a levar a cabo é o de "AS ÁRBORES DO NOSO PATIO", que engloba e relaciona moitos outros temas. A semana pasada fumos de roteiro para observalas e coñecelas, e tamén fixemos unha recolecta das súas follas. 

Outra actividade, que iniciamos hoxe, foi a de REXISTRAR AS NOSAS OBSERVACIÓNS: neste caso, debuxarán todas as árbores do patio e as súas follas, "en vivo e en directo".

Comezamos pola MOREIRA: fixáronse en como era o tronco, as ramas e as follas para debuxala o máis realista posible.

ARTITAS EN VIVO E EN DIRECTO...





* Para ver o resultado final teredes que agardar ata mañán, xa que a algúns dos artistas fáltanlle os últimos detalles.


luns, 26 de setembro de 2016

ÁRBORES, FOLLAS, FROIT@S, OUTONO...

Esta fin de semana fun á casa da miña avoa e aproveitei para recoller unhas cantas mostras de árbores que dan o seu froit@ en outono.

Cortei varias polas con follas e froit@s de: castiñeiro, aveleira, figueira, pexegueiro, nogueira.  Tamén de vide, o único que é un arbusto. 

Preparamos unha exposición con todo, clasificámolo, colocámolo, etiquetámolo e despois fixemos unha posta en común:





* Relacionamos o nome da árbore co seu froit@.

* Observamos as follas e os froitos, distinguindo entre as árbores que dan FROITA e as que dan FROITOS SECOS.

* Fixámonos nas peculiares "envolturas" que teñen os froitos secos da exposición: castañas, noces e avelás.




A partir de todo esto enlazaremos para traballar:
- Proceso de crecemento dunha planta.
- Partes dunha planta.
- Partes dunha folla.
- Diferencias entre as follas.
- Tipos de árbores.
- Nomes e froito de diversas árbores.
- Diferencias entre froitos secos e froitas.
- Coidado das plantas.
- Importancia das froitas/os na nosa dieta. (Enlazando así coa pirámide alimentaria e o proxecto "come san!")
- Tamén enlazaremos co tema dos seres vivos.
- Alongaremos o proxecto durante o curso, estudando as diferentes árbores en función das estancións do ano.


LUCÍA, OMAR e ROI trouxeron follas (tamén algunha flor e plantas aromáticas) que observamos, tocamos e ulimos...







* Tivemos un "visitante" sorpresa: unha eiruga que estaba paseando por unha folla que seguramente lle resultaba moi cómoda e saborosa.



Ademais da forma e da cor, unha característica moi peculiar das follas é a súa textura. Por parellas experimentamos coa textura das follas e fixemos que aparecesen por arte de maxia só coa axuda dunha cera...





domingo, 25 de setembro de 2016

SOBRE VIAXEIRO

Este curso empregaremos o SOBRE VIAXEIRO, como ferramenta de comunicación entre a familia e a escola

Calquera comunicado que teñamos que dar dende o centro ou a aula, realizarémolo a través do sobre, e viceversa; pois si tedes algún aviso que facernos, podedes enviar unha nota dentro do sobre.

O sobre "viaxará" todos os días dentro da mochila, para poder empregalo cando fose preciso; @s nen@s terán a responsabilidade de entregalo na casa ou na escola cada vez que leve algo dentro.

36000 VISITAS!

Comezamos o outono superano as...


Moitísmas grazas!

venres, 23 de setembro de 2016

MÁIS E MÁIS FOLLAS...

O mellor de que podemos facer os mestres e propiciar un ambiente de aprendizaxe activo, dinámico, motivor... no que @s alumn@s se sintan os verdadeiros protagonistas. 

Onte foi Bruno, e hoxe foi ROI o que trouxo unha gran variedade de FOLLAS que recolleu pola tarde coa súa nai. 

Todas a follas viñan etiquetadas para facilitarnos o seu recoñecemento. Moitos nomes das árbores éranlles coñecidas, e de seguido as asociaban cos seus froitos, outras... costoulles un pouco máis!


Observamos, tocamos, describimos, comparamos...


Ah... e probamos!

A folla da figueira que trouxo onte Bruno, (e que hoxe tamén trouxo Roi) chamou particularmente a atención d@s pequech@s, e como é tempo de figos, hoxe levei uns cantos para que os probaran...

Antes de probalo, observamos e describimos o figo, primeiro por fora e logo por dentro. Aprendimos a abrilo para poder comelo... é un froito peculiar!


Moitas grazas a Roi e a súa familia!

xoves, 22 de setembro de 2016

+ FOLLAS... PARA INICIAR O OUTONO!


Despois de recolectar onte as follas das árbores do noso patio, hoxe BRUNO trouxo follas de diversas árbores que recolleu coa súa nai. 



Indicounos onde as colleu e ensinoulles @s compañier@s as diferentes follas; 3 variedades distintas, que comparamos e analizamos. Tratábase de follas de plátano, de figueira, e outra variedade que non coñecemos, pero que intentaremos averiguar a árbore da que procede nos vindeiros días (buscando en libros, internet, preguntándolle o mestre de biloxia da E.S.O. ...)

A forma e o tamaño destas follas é moi interesante. Despois de observalas, tocáronas, pois a textura sempre é unha cualidade moi interesante. Por exemplo, no caso da figueira, o envés da folla parece unha lixa, polo áspera que é. A folla dunha soa punta era moi dura e suave.


Esta foi unha forma moi axeitada para inaugurar o OUTONO, que comezou hoxe. Polo que a partir de agora, deberemos estar cos ollos ben abertos para observar como esta estación produce cambios na natureza, no entorno, e concretamente nas árbores do noso patio, tema do noso proxecto.

* Estas follas tamén as colocamos en follas de xornal para secalas e prensalas.

Ademais da observación directa, tamén quixemos buscar información na rede para así poder observar como son as árbores correspondentes ás follas que trouxo Bruno. Así que el mesmo encargouse de escribir en google o nome das árbores. 

* O doodle de hoxe (imaxe do logo de google adicada a unha temática) fai unha conmemoración do primeiro día do outono, no que aparece unha árbore perdendo as súas follas de cor marrón. 

Moitas grazas a Bruno e a súa familia, pois esta é a esencia do tipo de proxectos que queremos realizar, no que os propios nen@s son os que fan aportacións á aula a partir das cales xira a aprendizaxe, e deste xeito a motivación aumenta positivamente. 


mércores, 21 de setembro de 2016

RECOLLENDO "MOSTRAS"...

Como xa vos anticipaba onte, comezamos a realizar un proxecto sobre "O PASO DAS ESTACIÓNS NAS ÁRBORES DO NOSO COLE". O primeiro que fixemos onte foi realizar un roteiro polo patio para observar e fotografar a diversas árbores.

Hoxe, saimos de novo para recoller "mostras" das follas. Realizamos o mesmo percorrido ca onte e @s pequech@s buscaron polo chan as follas que se atopaban en mellor estado, como aínda non había moitas, nalgún caso, tivemos que coller coidadosamente algunha directamente da árbore. 


* As moreiras e o salgueiro chorón do patio de infantil, os pruños da entrada, e os carballos e o arce do patio de primaria.



Unha vez recollidas todas as mostras, sentámonos baixo o arce para comentar todo o que fixemos estes días en torno ao novo proxecto.




Xa na aula, cada nen@ observou e tocou detidamente para comprobar as semellanzas e diferenzas entre as follas recollidas: tamaño, textura, forma, cor... e realizamos unha posta en común.



Para rematar, colocámolas en papeis de xornais para secalas e prensalas.  


Seguireivos informando de como avanza o proxecto...


martes, 20 de setembro de 2016

DE ROTEIRO POLO NOSO PATIO...

Esta semana remata o verán e por iso quixemos saír de roteiro polo noso patio para observar a fotografiar as árbores que hai no cole. 

Realizaremos este roteiro ó longo de todas as estacións para observar "en vivo e en directo" como lle afecta o paso do tempo e as condicións climáticas, e así poder facer un estudo de campo e sacar as conclusións pertinentes.

Detivémonos diante de cada árbore:
* Fixámonos no tamaño do tronco, na altura, na forma...
* Observamos cantas follas tiña, a cor e a forma de cada folla...





Nos vindeiros días sairemos de novo para "tomar mostras": recoller follas das diferentes árbores, comparalas, catalogalas e así poder estudalas de preto.

* O mellor do roteiro foi facelo cos nos@s compañeir@s de 1ºA. 

COME SAN!

O "aperitivo" de media mañán é un momento no que @s pequech@s repoñen forzas para afrontar o resto da xornada escolar. 

Para min todo o que ten que ver coa alimentación merece un trato de interese dentro da aula, xa que na educación d@s pequech@s deben ocupar especial relevancia os hábitos de vida saudable e unha boa alimentación.

Por iso é importante que para a "merenda" (como eles mesmos denominan) de antes de recreo, lles mandedes alimentos que entren dentro do marco dunha dieta equilibrada:
* Procurar recurrir a productos naturais como  froitas de tempada.
* Evitar productos elaborados, repostería industrial, alimentos ricos en graxas ou azucres...
* Variar a merenda ó longo da semana.

Na Aula de Bere este curso temos o lema de "COME SAN!" para fomentar todo o anterior. Comezaremos por estimular unha boa alimentación na merenda, e para iso preparei un sistema de rexistro relacionado coa froita, xa que este grupo de alimentos ten unha presencia fundamental na nosa dieta diaria, no que cada nen@ acumulará un corazón cada día que traia froita, cando reunan 10, recibirán un pequeno premio.




Na nosa porta ademais do panel de rexistro da froita, temos unha PIRÁMIDE ALIMENTARIA que será a base en torno a cal xirará a nosa proposta de "Come san!". A partir de ahí traballaremos e aprenderemos ó longo de todo o curso.





* Deixovos aquí unha fotos da "merenda" de hoxe, na que espontaneamente todo o grupo se xuntou para facer un "picnic" improvisado. Simplemente xeniais!



luns, 19 de setembro de 2016

OS NOSOS EQUIPOS

En días anteriores comentábavos as ventaxas do traballo en equipo e o meu interese de comezar a traballar deste xeito durante o curso. (Podedes consultar a publicación "Aprendendo a facer equipo" do 14-09-16)

Espliqueilles a eles os motivos polos cales iamos a traballar en equipo e as ventaxas que isto supoñía. 

Despois fixemos os 3 equipos para este 1º trimestre. O primeiro que tiveron que facer tod@s @s mebros xuntos e consensuadamente, foi: 

* Decidir o nome do equipo.
* Elexir a cor do equipo.
* Deseñar unha imaxe que represente o seu equipo.
* Crear un "grito" para o seu equipo.

Ao tratarse da primeira vez que traballan deste xeito, costoulles un pouco ao principio; tanto no de poñerse de acordo coma no reparto de tarefas. 


Deixei que fosen "autónomos" decidindo todos os aspectos anteriores relacionados co seu equipo, e brindándolles a miña axuda cando a precisaban; e finalmente este foi o resultado:




A partir de mañá, comezarán a traballar así:

- Ao estar sentados por equipos, nos momentos de traballo individual axudarnase entre eles.

- Faremos concursos de preguntas e respostas, xogos cooperativos...

- Pequenos traballos de búsqueda de información sobre un tema concreto e posterior exposición para o resto de sompañeir@s.

- E algunha cousiña máis que vaia xurdindo durante o curso...

Ao longo dos días os equipos irán acumulando puntos, por cada un dos aspectos citados anteriormente, tamén recibirán puntos extra se demostran que realmente traballan e colaboran como equipo, igual que poderán perdelos en caso contrario.

Ao remate do trimestre faremos un reconto e o equipo con máis puntos recibirá un agasallo sorpresa... (Con esta pequena competición busco que se involucren e fomentar esa conexión grupal).


domingo, 18 de setembro de 2016

"CONSTRUÍNDO XUNTOS..."

Que seremos capaces de construír este ano xuntos?


Despois de que rematase a primeira semana do curso, un mini período de adaptación, a partir de mañán comezaremos a traballar, a construír xuntos novas aprendizaxes, experiencias de coñecemento, vivencias comúns... ata onde chegaremos? 

Estou segura que moi lonxe!

sábado, 17 de setembro de 2016

HORARIO 16.17

Onte @s pequech@s levaron para a casa o HORARIO que terán este curso. 


Sería beneficioso que o colocasen nun lugar visible onde o puidesen consultar todos os días, xa que así poderán saber de antemán (sobretodo agora ao principio) cal é planificación de cada día, facéndose así responsables de posibles cousas que teñan que levar ó cole.



xoves, 15 de setembro de 2016

XUNT@S DE NOVO

Despois duns días asimilando o paso a primaria, o cambio de aula e sobretodo a separación do grupo, hoxe quixen darlles unha pequena sorpresa aos peques e reunilos a tod@s na miña aula para que compartisen un bo rato XUNTOS e así lembrar os vellos tempos.


Para min tamén foi moi emotivo velos a todos xuntos, pois despois de ser a súa titora durante dous cursos, agora parece que ando "coxa", que me falta unha metade... e en realidade así é, posto que para min tod@s el@s sempre serán de "A aula de Bere".

Hoxe foi a primeira de moitas máis veces, posto que realizaremos multitude de actividades comúns.

PROXIMAMENTE...


mércores, 14 de setembro de 2016

APRENDENDO A FACER "EQUIPO"...

Este curo o TRABALLO EN EQUIPO estará moi presente... 

Esta aínda é a primeira semana e está sendo un "periodo de adapatación" para os peques, xa que o paso dunha etapa a outra sempre supón un cambio importante, e para eles, ten o engadido, de que se separaron en 2 grupos despois de compartir os 3 cursos de infantil xuntos. Pero a partir da próxima semana faremos 3 equipos para o primeiro trimestre, e os seus membros colaborarán e traballaran xuntos: poñeranse un nome, deseñarán a seu símbolo, repartiran tarefas en función das súas cualidades... en definitiva beneficiaránse os uns dos outros.

Con esto pretendo que cada nen@ aporte o seu gran de area para que o traballo en equipo permita os mellores resultados; xa que cando se traballa en equipo dun modo efixcaz os esforzos dos seus membros poténcianse, diminue o tempo de acción e aumenta a eficacia dos resultados.  

O traballo en equipo é beneficioso por múltiples razóns:

* Favorece a creatividade e a aprendizaxe: deben deixar o egocentrismo de lado para escoitar diferentes puntos de vista, beneficiándose deles e aprendendo.

* Mezcla de talentos e ideas diversas: que contribuen é abrir a mente e unir forzas.

* Reduce o estrés: xa que se reparten as tarefas e o peso recae en todo o grupo.

* Mellora a efectividade, o desempeño e a productividade: xa que cada membro aporta o mellor de si mesmo, o que mellor sabe facer ó tempo que se beneficia das capacidades dos demais.   

O bo traballo en equipo conséguese cas "5 C"
* Comunicación
* Coordinación
* Complementaridad
* Confianza
* Compromiso

Deste xeito, para potenciar o traballo en equipo, teño que conseguir, a través das diferentes actividades e tarefas que realicemos, que creen o sentimento de pertenza ó grupo. Que entre todos os membros construan un vínculo de confianza. Vai a ser moi importante impulsar a comunicación para que cheguen ó entedendemento e facerlles ver o beneficioso que é a diversidade. Deben asumir reponsabilidades compartidas, compromiso mutuo e saber celebrar os éxitos do equipo e aprender dos tropezos. 

Ademais de todos os aspectos citados anteriormente, que abalan os beneficios do traballo en equipo, outra razón de peso é que, na vida na vida adulta, esto prepararaos para o seu futuro laboral, xa que a gran maioría de traballos, requiren traballar en equipo.

Hoxe quixen observar como se "manexaban" e comportaban ante unha proposta para traballar en equipo. Deilles unha caixa de regletas a cada equipo, e a única premisa era que se puxeran de acordo e decidiran entre todos que construcción querían facer. 

Elexín as regletas porque teñen un forma e un tamaño complicado para conseguir poñelas en equilibrio, de xeito que precisan ter paciencia, calma, coordinación... para que non se desmoronase todo. 

Primeira toma de contacto... para que vaian tomando contacto con algo que vai a ser a tónica da aula. 

Ademais de tomar contacto con esta modalidade de traballo, deixaron voar a súa creatividade e realizaron construccións moi interesantes.