luns, 19 de setembro de 2016

OS NOSOS EQUIPOS

En días anteriores comentábavos as ventaxas do traballo en equipo e o meu interese de comezar a traballar deste xeito durante o curso. (Podedes consultar a publicación "Aprendendo a facer equipo" do 14-09-16)

Espliqueilles a eles os motivos polos cales iamos a traballar en equipo e as ventaxas que isto supoñía. 

Despois fixemos os 3 equipos para este 1º trimestre. O primeiro que tiveron que facer tod@s @s mebros xuntos e consensuadamente, foi: 

* Decidir o nome do equipo.
* Elexir a cor do equipo.
* Deseñar unha imaxe que represente o seu equipo.
* Crear un "grito" para o seu equipo.

Ao tratarse da primeira vez que traballan deste xeito, costoulles un pouco ao principio; tanto no de poñerse de acordo coma no reparto de tarefas. 


Deixei que fosen "autónomos" decidindo todos os aspectos anteriores relacionados co seu equipo, e brindándolles a miña axuda cando a precisaban; e finalmente este foi o resultado:




A partir de mañá, comezarán a traballar así:

- Ao estar sentados por equipos, nos momentos de traballo individual axudarnase entre eles.

- Faremos concursos de preguntas e respostas, xogos cooperativos...

- Pequenos traballos de búsqueda de información sobre un tema concreto e posterior exposición para o resto de sompañeir@s.

- E algunha cousiña máis que vaia xurdindo durante o curso...

Ao longo dos días os equipos irán acumulando puntos, por cada un dos aspectos citados anteriormente, tamén recibirán puntos extra se demostran que realmente traballan e colaboran como equipo, igual que poderán perdelos en caso contrario.

Ao remate do trimestre faremos un reconto e o equipo con máis puntos recibirá un agasallo sorpresa... (Con esta pequena competición busco que se involucren e fomentar esa conexión grupal).


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.