luns, 12 de setembro de 2016

VOLTA Ó COLE!

Hoxe tocoulles ós pequechos VOLVER AO COLE para comezar un novo curso.




Para min foi tamén un día moi especial xa que por fin puiden desvelar o "segredo" que viña gardando dende o verán... posto que puiden voltar ó meu cole, ó que foi coma a miña casa durante 5 cursos, e do que tiven que marchar por mor dunha supresión... 

Así que ademáis da alegría de volver, engadiuse a sorte de poder ser a titora dos meus pequech@s: @s que comezaron as súas andanzas neste cole da miña con 3 aniños (algún incluso con 2).

Sei que as familias levaron tamén sorpresa, neste caso un pouco agridoce debido a que o que era un único grupo en educación infantil, pasou a deesdobrarse en dous. Polo que neste curso 16.17, haberá 1ºA e 1ºB.

A pesares de estar separados, traballaremos de xeito coordinado e realizaremos multitude de actividades e propostas conxuntas, ademais de xuntar ambos grupas en varias asignaturas (coma E.F. e relixión)

Os vínculos creados durante os tres cursos de educación infantil son moi fortes e permanecerán máis aló de separacións físicas; para min tamén, posto que teño o corazón dividido, xa que tod@s el@s foron, son e serán @S MEUS PEQUECH@S!


Despois de cominucarlle as familias este feito, e chamar por orde de lista @s pequech@s para ubicalos a cada quen na súa clase correspondente, dirixímonos á nosa aula, que este ano ten unha porta moi especial, a porta de A AULA DE BERE... aínda que se atopaba un pouco incompleta, pois a aula de Bere non ten sentido sen @s alumn@s... Así moito mellor, non credes?


Entraron na aula, observaron detidamente cada recuncho, cada detalle e despois, como este curso temos algún compañeiro novo, fixemos as presentacións oportunas, e falamos un pouco sobre o que fixeron durante as VACACIÓNS... que deu para moito!

Falamos de algúns dos cambios que ian ter agora que xa pasaron a PRIMARIA:
* Xa non levan mandilón.
* As entradas e saídas son diferentes.
* Cambiaron de piso e de aula.
* Xogan no patio dos "maiores".
* Entre outras...

Tamén recordamos as normas básicas que debemos ter na aula e no cole.

Despois, para "estirar un pouco as pernas", saímos de percorrido polo cole, para ensinárllelo ós compañeiros novos, e de paso recordar as normas de emprego do espazo e de convivencia que hai que respetar.

* Edificio de primaria e secundaria (portas de accedo a cada un)
* Patio de infantil (reformado) e patio de primaria (diferentes zonas)
* Biblioteca.
* Administración, secretaría e dirección.



PATIO  resultoulles moi interesante, xa que agora que son de primaria teñen un novo espazo de xogos, moito máis grande e con múltiples posibilidades, do que puideron gozar e comezar a explorar no recreo dobre de hoxe.

Así pasamos o primeiro día deste novo curso, así comezaron a súa andaina por educación primaria... Mañá máis!

* Hoxe mandamos a nota co MATERIAL para o curso. Podedes traelo, xunto cos libros, ó longo desta semana. 

* Lembrádevos poñerlle nome.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.