Como xa vos anticipaba onte, comezamos a realizar un proxecto sobre "O PASO DAS ESTACIÓNS NAS ÁRBORES DO NOSO COLE". O primeiro que fixemos onte foi realizar un roteiro polo patio para observar e fotografar a diversas árbores.
Hoxe, saimos de novo para recoller "mostras" das follas. Realizamos o mesmo percorrido ca onte e @s pequech@s buscaron polo chan as follas que se atopaban en mellor estado, como aínda non había moitas, nalgún caso, tivemos que coller coidadosamente algunha directamente da árbore.
* As moreiras e o salgueiro chorón do patio de infantil, os pruños da entrada, e os carballos e o arce do patio de primaria.
Unha vez recollidas todas as mostras, sentámonos baixo o arce para comentar todo o que fixemos estes días en torno ao novo proxecto.
Xa na aula, cada nen@ observou e tocou detidamente para comprobar as semellanzas e diferenzas entre as follas recollidas: tamaño, textura, forma, cor... e realizamos unha posta en común.
Para rematar, colocámolas en papeis de xornais para secalas e prensalas.
Seguireivos informando de como avanza o proxecto...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.