Aquí vos deixo a nosa montaxe fotográfica para o día da paz, que realizamos empregando as palabras que sairon no "torbellino de ideas".
martes, 31 de xaneiro de 2017
luns, 30 de xaneiro de 2017
DÍA DA PAZ
Hoxe, 30 de XANEIRO celebramos o...
A pesar de que con motivo desta celebración, traballamos dun xeito máis "explicito" o concepto da PAZ, en realidade, no día a día da nosa aula, pretendemos inculcar este valor fundamental no "sentimento" d@s alumn@s.
A PAZ non se busca un só día, senon os 365 días do ano!
Quixemos traballar a PAZ dende diversos puntos de vista:
* Un mural da PAZ xunto con Educación Infantil, no que cada alumno silueteou a súa mán e o seu brazo, e posteriormente decorouna.
Nos pegamos anacos de xornais, e escribimos palabras realcionadas coa paz, que anteriormente @s nen@s dixeron e escribiron na PDI, nun "torbellino de ideas" que realizamos.
As nosas mans simbolizan que queremos que as noticias estean cargadas de paz e de cousas boas e positivas.
O mural en si simboliza que...
"ERGUEMOS AS NOSAS MANS
CARA A PAZ"
* A nivel centro, todo o CPI de Pontecesures traballamos o tema dos Refuxiados Sirios. Un tema que por desgraza está de actualidade e máis coa ola de frío destos días.
Collemos imaxes realcionadas coa dureza deste tema para sensibilizar ao alumando. Analaizamos e reflexionamos sobre as imaxes e a situación, e despois, baixo o lema "POLA CALOR DO PAZ", quixemos reflexar como nos gustaría que mudasen as cousas para os refuxiados.
* Grabamos un VIDEOCLIP ( Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria).
Traballamos coa canción "Un beso redondo" de Conchita, pois se houbese máis bicos o mundo sería un lugar máis feliz, xa que os bicos son a mostra de amor e cariño por excelencia.
* Tamén realizamos unha montaxe fotográfica aprobeitando as palabras que sairon no "torbellino de ideas" sobre a Paz empregando unha canción que tamén escoitamos durante estes días "Los niños queremos la paz" de 3+2.
Etiquetas:
CONMEMORACIÓNS,
CURSO 16.17,
OS NOSOS VÍDEOS,
PAZ
domingo, 29 de xaneiro de 2017
PROTAGONISTA DA SEMANA
Xa pasaron 3 semanas dende que comezamos o segundo trimestre, e cada unha delas tivemos un PROTAGONISTA, que entusiasmado nos contou día a día diferentes aspectos sobre el, a súa familia, a súa casa...
Esta iniciativa está tendo moita acollida entre @s alumn@s que están desexando que lles chegue o turno. E o mellor e todo o que aprendemos.
mércores, 25 de xaneiro de 2017
PIRÁMIDE ALIMENTICIA
Este trimestre comezamos a traballar coa PIRÁMIDE ALIMENTICIA, relacionándoa co noso proxecto COME SAN!
Os ALIMENTOS son esenciáis para vivir. Precisámolos para medrar e para estar sans. A PIRÁMIDE ALIMENTICIA é un gráfico que nos indica cales son os alimentos necesarios para ter una dieta equilibrada e en que cantidade se deben consumir.
Os ALIMENTOS son todo aquelo que
comemos e bebemos. Os alimentos permítenos desenvolvernos fisicamente, manter o
noso corpo san, xogar, estudiar... He preciso que comamos varias veces ao
día dun xeito equilibrado, tendo en
conta a pirámide alimenticia.
Hai 3 TIPOS
DE ALIMENTOS:
* Orixe VEXETAL: proceden das plantas
(froitas, verduras, cereais ou legumes).
* Orixe ANIMAL: proceden dos animais
(pescado, carne, leite e ovos).
* Orixe MINERAL: proceden dos minerais
(auga ou sal).
Os ALIMENTOS clasifícanse en 5 grupos:
1. HIDRATOS DE CARBONO: atópanse en cereais,
pan, arroz e patacas. Son a
principal fonte de enerxía para o corpo e tamén para o cerebro.
2. FROITAS E VERDURAS: alimentos ricos en vitaminas, minerais e fibra. As
vitaminas que nos aportan estes alimentos axudarannos a defendernos das
enfermidades.
3 e 4. LÁCTEOS, CARNE, PEIXE e OVOS: estes alimentos aportan calcio e proteínas, precisas para que os nosos
osos medren sans e fortes.
|
5. DOCES e
GRAXAS: hai graxas boas que nos aportan enerxía, como as que se atopan no aceite
de oliva, no peixe... pero as graxas malas e os doces, deben ser consumidos
ocasionalmente, pois non aportan nada “positivo” ao noso corpo.
Tendo en conta a pirámide
alimenticia, hai que tomar:
* Hidratos de carbono
, froitas e verduras, todos os días.
* Lácteos,
carne, peixe e ovos, entre dúas e tres veces á semana.
|
* Ocasionalmente, e sempre
sen abusar, doces e graxas.
Nós quixemos comezar a nosa pirámide cun escalón esencial: a AUGA , xa que esta é fundamental para o bo
funcionamento do noso organismo, pois máis da metade do noso corpo ten auga
(70%).
A auga é a encargada da maioría das
reaccións que se producen no noso corpo: os xugos gástricos, ás bagoas, a suor,
a saliva, o sangue...
A auga axuda a purificar o corpo,
eliminando as toxinas que xenera diariamente.
Debemos consumir 8 vasos de auga ó día (aproximadamente 2 litros).
A medida que avancemos nos grupos de alimentos, iremos completando a nosa pirámide.
Etiquetas:
ALIMENTOS,
CURSO 16.17,
PROXECTOS
martes, 24 de xaneiro de 2017
PREPARAD@S PARA ESQUIAR
Onte LUCÍA falábanos da súa "aventura" na neve en Andorra e hoxe trouxo todo o equipo de esquí para que o puidésemos ver en "vivo e en directo".
Fixemos un despliegue no corredor, xunto ao mural do inverno, para meternos máis en situación, e Lucía deunos unha auténtica "clase maxistral" sobre a roupa e elementos precisos para esquiar.
* Non vale calquera roupa, hai que ir ben preparados para o frío. Un pantalón e unha cazadora preaparados para o frío e impermeables. Lucía ensinounos os sistema que teñen para evitar que entre a neve se te caes. Ademais puntualizou que debaixo desrta roupa hay que levar unha capa de roupa térmica. (Curiosidade: o bolsillo pequerecho que teñen as cazadoras de neve son para gradar o "forfait, a tarxeta abono que permite acceder á estación de esquí, ao telesilla...)
* Un pasamontañas para protexer a cabeza, cara e pescozo. Tamén vale uha "braga", que casulamente hoxe tamén tiña o noso compañeiro Omar.
* Para protexer a cabeza, o casco; e para protexer a vista, as gafas.
* Unhas luvas para protexer as mans. Como Lucía estivo a temperaturas de ata -30ºC, mostrounos que os seus pais tiveron que mercar uns guantes térmicos finiños para meter por dentro dos propios para esquiar; para soportar tan baixas temperaturas.
* Unha vez ben "vestidos" para esquiar... que falta? OS ESQUÍS!
* Botas especiais que nos esplicou Lucía como se "encastran" nos esquís. Os bastóns son fundamentais para desplazarse.
Etiquetas:
CURIOSIDADES,
CURSO 16.17,
INVERNO
TÁBOAS DE SUMAR
No primeiro trimestre tomamos contacto coa suma e aprendemos a sumar empregando tapas, obxectos da aula, gardando o número maior na cabeza e o menor nos dedos...
Pero, a media que avanza o curso, debemos mellorar a noso cálculo mental e facelo cada vez máis rápido. Para iso, preparei unhas TÁBOAS DE SUMAR, especiais con personaxes animados, que axudarán aos pequech@s a sumar cada vez mellor.
No primeiro trimestre a única tarefa que tiñan era ler un pouquiño cada día para fomentar o hábito lector e mellorar a velocidade lectora. Este trimestre, deben continuar con ese hábito, e a maiores comezar a aprender as táboas de sumar.
Iremos pouco a pouco. Comezaremos coa táboa do 1. Cada día faremos algo de cálculo mental, se controlan a táboa, avanzarán á seguinte e repasarán a anterior (colocarei un gomet nela para marcar que está aprendida).
Buscade momentos e situacións distendidas para "xogar" a calcular:
* Xogos de orientación no espazo no que teñan que realizar cáculo metal para desprazarse.
* Preguntas con sumas sobre situacións ou obxectos cotiás.
* Sumas mentres viaxades no coche
* "Cantar" xuntos a táboa...
luns, 23 de xaneiro de 2017
A NOSA PLANTACIÓN PARTICULAR
O primerio día deste segundo trimestre, fomos a ver como "evolucionaba" a nosa plantación particular.
O frío que fixera afectoulle moito, así que decidimos trasladar para dentro o physalis e os tulipáns, tendo que deixar os amorodos fóra, pero protexidos contra o muro.
Hoxe subimos de novo para regarlos e levamos dúas sorpresas:
* Unha negativa: o physalis non remonta e parece que seca cada día máis.
* O tulipáns comezan a xermolar.
Etiquetas:
CURSO 16.17,
EN CONTACTO COA NATUREZA,
INVERNO,
PLANTAS
COÑECENDO UN POUCO DE ANDORRA...
A semana pasada, LUCÍA, xunto coa súa nai e o seu pai, foi a pasar unha semana á neve. Concretamente á estación de esquí de Andorra.
Lucía contounos a súa aventura na neve apoiánose coas fotos que trouxo para que puidesemos ver como viviu esta experiencia.
Comezamos, coma sempre, por situar ANDORRA no mapa. Neste caso, un principado moi pequecho, situado entre o noso país, España. e o país veciño, Francia.
Aproveitamos para aprender a medida que Lucía redactaba a súa experiencia.
* Un pouco de xeografía.
* Que é a neve?
* Que é unha estación de esquí? que se fai nela?
* Roupa e obxectos que se precisan para esquiar?
Durante a viaxe a ola de frío e o temporal, fixeron que tiveran que colocar as "mantas" nas rodas do coche, para non esbarar na neve. (Outra opción son as cadeas, das que tamén falamos).
As baixas temperaturas dos primeiros días, con case -30ºC, eran tan extremas, que a neve acumulábase por todos lados, facendo que as máquinas quitaneves non desen abasto.
A neve acumulada na rúa era case da altura de Lucía, e das fiestras colgaban carámbanos (pedazo de xeo que se forma cando o xeo ou a neve se derrite e esa auga volve a conxelarse ao entrar en contacto cunha zona a temperatura baixo cero).
O telesilla é un "medio de transporte" que se emprega na estación de esquí para ascender á montaña; e unha vez arriba, poder descender esquiando.
Proxectamos varios videos nos que se ve como Lucía esquia con gran destreza, posto que o leva facendo dende os tres anos.
Moitas grazas por compartir con nós a túa experiencia Lucía!
Etiquetas:
CURIOSIDADES,
CURSO 16.17,
INVERNO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)