Durante esta primeira semán, tocou recibir a todos os grupos e mostrarlles as norams e rutinas que imos a seguir en E.F. durante este curso.
O primeiro, foi aclarar o nome da materia, xa que moitos rapaces, equivocadamente, chámanlle XIMNASIA, posto que tradicionalmente así era nomeada, pero debñemoslle chamas a cada cousa polo seu nome.
Segundo o Diccionario da RAE, a XIMNASIA é a arte de desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ao corpo por medio de certos exercicos; existindo 3 tipos de ximnasia: artística, rítmica e sueca.
Mentres que a EDUCACIÓN FÍSICA engloba moitas máis cousas. É un concepto moito máis amplo, posto que se trata dunha ferramenta pedagóxica que serve para acadar a educación integral da persoa nos diferentes ámbitos da vida; (afectivo, social, motor, cognitivo...) empregando o corpo e o movemento para mellorar a saúde e a calidade de vida.
Dende as clases de ximnasio de hai anos a educación física evolucionou moitísimo. Agora a condición física, a saúde, os xogos, os deportes e a expresión corporal abarcan un gran abano de propostas para que @ alumn@ pense, practique e valore aprendendo e divertíndose. Todo isto inclúe a superación, a autoestima, aprender a coidarse, sentirse mellor e crecer persoalmente.
Deste xeito, entendemos a E.F. como educación a través da experimentación corporal.
Este curso, gustaríame conseguir, que tod@s @s alumn@s, valoren a materia de E.F. equiparándoa en valor, ás demais materias.
A primeira toma de contacto, realizámola cun elemento que, sen importar a idade, encántalle a tod@s @s nen@s... o PARACAÍDAS!
Con este material pretendía traballar diferentes aspectos:
* Primeiramente, que se divirtan e leven un bo sabor de boca da materia.
* Que valoren a importancia da cooperación, o traballo en equipo e a coordinción para poder realizar a actividade (esta, e moitas outras).
* Ademáis, aporta múltitude de beneficios: é un xogo non competitivo, fomenta a espera de turnos e o intercambio, reforza a parte superior do torso, desenvolve un bo sentido do ritmo , refina as habilidades preceptuais, promove a interacción social e a mellora da linguaxe.
* Tamén axuda á "presentación" de alumnado novo no grupo-clase, pois con el podemos facer unha gran variedade de xogos.
Esta semana probamos con varios, e o resultado foi xenial, xa que disfrutaron enormemente.