venres, 28 de setembro de 2018

ALUMNXS 5º

Estxs son xs ALUMNXS de de Primaria do CPI de PONTECESURES

Este curso 18.19, son a súa mestra de CIENCIAS NATURAIS E SOCIAIS, de PLÁSTICA e de Valores Sociais e Cívicos (dos alumnado que non optou polo ensino da relixión).



A partir de agora as diferentes actividades que realicemos, publicareinas no blog: 
FERRAMENTA DE RELACIÓN FAMILIA-ESCOLA


Preparados para mergullarvos no proceso de ensino-aprendizaxe deste grupo de alumnxs!

xoves, 27 de setembro de 2018

JUDO


Sen dúbida o FÚTBOL é o rei dos deportes, non só nas noticias ou na prensa deportiva (nas que ocupa case un 100% da información), tamén na sociedade, no día a día e tamén no patio do recreo...

Pero, é moi importante facerlle ver xs nenxs que existen máis deportes e disciplinas igual (ou máis) interesantes que o fútbol...

Cando ESPAÑA gaña o mundial de fútbol, o país paralízase e non se fala doutra cousa... pero cando un español gaña o mundial de judo... apenas ten trascendencia... é para reflexionar... non credes? 


O español Nikoloz Sherazadishvili proclamouse este luns campión mundial en Bakú, primeiro título da historia para o judo masculino español, ao derrotar na final de -90 kilos alocubano Ivan Felipe Silva por ippon no tempo extra.





Durante esta semana xs nenxs, nas sesións de E.F. recibiron unha clase de iniciación ao JUDO.

Toño, o mestre de Judo, faloulles un pouco deste deporte, e explicoulles o básico para practicalo.



No JUDO a disciplina é moi importante. Sempre se comeza a clase saudando e remátase do mesmo xeito.



No Judo hai que saber caer para non mancarse nin lesionarse: queixo pegado ao peito para que a cabeza non bata no chan, e non apoiar nunca unha man, o cóbado... senón absorber o impacto golpeando con todo o antebrazo contra o chan para así absorber as vibracións do impacto e evitar quedar sen respiración.


Cando un contrincante che proxecta polo aire, hai que saber rodar...



Cando no combate, caes ao chan, hai que intentar inmobilizar ao contrincante, deixando boca arriba, coas costas pegadas ao tatami.



De pé, hai que buscar desequilibrar ao contrario para facerlle unha chave e tiralo ao chan.


 Unha gran experiencia para xs pequechxs. Todxs sairon encantados da clase, e moitxs con ganas de comezar a aprender e practicar judo.

Agradecerlle a Toño a súa entrega e paciencia durante estes días!


mércores, 26 de setembro de 2018

A AULA DE BERE 18.19


O mes de setembro da o pistoletazo de saída ás novas aprendizaxes que se realizarán ao longo do curso.


É un mes no que hai que sentar as bases da metoloxía de traballo que seguiremos, para xs alumnxs supón unha “adaptación” á  maneira de facer de cada mestre, de cada materia...

Por iso este mes comezamos “amodiño... pero con boa letra!”.

“A AULA DE BERE” comezou sendo un blog no que eu, como titora de E.I., empregaba esta ferramenta coma un caderno de bitácora, no que publicaba o quefacer cotián do alumnado da miña aula, convertendo así o blog nunha vía de comunicación para ás familias.

Debido a que eu era a titora e, e tamén á metodoloxía globalizada da etapa de infantil, o blog recollía publicacións case diariamente... este curso, as publicacións non serán tan habituais, pero si que seguirá sendo unha ferramenta que dará visibilidade do día a día na aula e no centro do alumnado do CPI Pontecesures.

Deste xeito, durante este curso A AULA DE BERE acollerá publicacións:
* De PSICOMOTRICIDADE, co alumnado de Educación Infantil.
* De EDUCACIÓN FÍSICA, co alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria.
* De CIENCIAS NATURAIS e SOCIAIS, co grupo de de Primaria.
* De PLÁSTICA, tamén co grupo de .

martes, 18 de setembro de 2018

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA


Hoxe recibimos a visita do director da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA de Pontecesures, xunto con dous mestres da mesma.

Viñeron para falarnos sobre a escola, sobre as clases que imparten, instrumentos que poden aprender a tocar os seus alumnos: batería, guitarra, piano...

Destacaron a peculiaridade, de ser unha escola que se encamiña cara a fromación de músicos "de música moderna": rock, pop, blues, jazz... (a diferenza das escolas da contorna, que se centran máis nunha fromación para banda de música).

Deron unha pequena exhibición coa que motivaron xs nenxs, intentando espertar o seu interese pola música.



Quen sabe... ao mellor temos futuras estrelas da música entre as paredes do cole de Pontecesures!



luns, 17 de setembro de 2018

AXENDA ESCOLAR

O curso pasado o CPI de PONTECESURES comezou a repartir a todo o seu alumnado de primaria e secundadria AXENDAS ESCOLARES.

Este curso, fíxose o mesmo, pero neste caso "melloradas", posto que están personalizadas con debuxos e caligramas dxs alumnxs, incluida a foto da portada e o debuxo da contraportada. 

Para xs pequechxs foi toda unha sorpresa ir descubrindo todas e cada junha das sorpresas da axenda deste curso, mentres lle "poñían cara" a cada un dos traballos contidos nela.



A axenda, non so é unha ferramenta para o alumnado, na que apuntar e tomar nota das tarefas escolares, traballos que deben realizar, exames, saídas... 

Tamén é un instrumento de comunicación entre a familia e x mestrx, pois garda un apartado para comunicadados bidireccional: mestrx-familia/familia-mestrx. 


mércores, 12 de setembro de 2018

1º DÍA - CURSO 2018.19


Hoxe...

* O patio foi testemuña de reencontros...
* Os corredores volveron a acoller pisadas...
* As aulas colmáronse de anécdotas...
* O colexio encheuse de vida...

Esa vida que lle aportan todxs xs alumnxs que dende hoxe e durante todo o curso, encherán cada espazo do CPI de PONTECESURES das súas vivenzas e aprendizaxes.

O máis fermoso para min, como mestra, (e despois de que o curso pasado fose duro debido á miña baixa), é o recibimento por parte de todo o alumnado.

Que nada máis verte griten o teu nome e acudan correndo a darche unha aperta chea de agarimo e amor... ese é o mellor pagamento que podo ter na miña vida docente.

Nada vale máis que o AMOR DXS PEQUECHXS!

Traballo por e para elxs... Elxs son a causa de que me sinta tan realizada no meu traballo... elxs son o motivo polo que me ergo cada mañá cargada de enerxía positiva e desexando chegar ao cole... elxs son o mellor que podo ter como mestra...

E como mestra... emprego o “posesivo” para darlle a BENVIDA neste novo curso aos “MEUS PEQUECHXS”.



martes, 11 de setembro de 2018

VOLTA AO COLE!


Despois das vacacións de verán, mañá toca VOLVER AO COLE!

O comezo dun novo curso sempre ven acompañado de nervios, algunha inseguridade, sentimentos encontrados de pena e ledicia.

O medo ante “o descoñecido” apodérase dos pequenos esta noite: un ano máis, novas aprendizaxes, novxs mestrxs... unha “dúbida existencial” invade as súas cabezas: será un curso complicado?  

Por iso é moi importante conseguir que mañá sexa un gran día para eles:
* Recibilos cunha gran benvida, para que se sintan queridos, seguros, protexidos e de volta “na casa”, pois non esquezamos que para os pequechos, a escola é un segundo fogar, no que a súa educación continua nas mans dxs mestrxs.
* Deixar que nos conten as súas experiencias e anécdotas do verán.
* Preguntarlles que esperan deste novo curso: escoitar as súas inquedanzas e os seus intereses xa que son o principal referente a ter en conta para planificar unha boa e exitosa intervención educativa.
* Explicarlles que o novo curso será unha viaxe na que conxuntamente aprenderemos uns dos outros e uns cos outros... remarcándolles que dos erros sempre se aprende, e que contan contan con nós, que os guiaremos e apoiaremos durante todo o proceso.
* Fomentar dende o primeiro momento a confianza mestrx-alumnx e viceversa, pois será fundamental durante todo o proceso de ensino-aprendizaxe.
* Facerlles ver que son xs protagonistas do seu aprendizaxe, no que o fundamental non é o resultado senon o proceso, onde realizamos unha carreira de fondo que nos achega a unha meta, pero que a meta de cada un é diferente, pois o máis fermoso e enriquecedor de cada aula é precisamente a súa diversisdade, que cada nenx é unicx e diferente.
* Cando remate o día de mañá hai que conseguir que marchen con ganas de volver ao día seguinte, para comezar a “navegar polo mar do coñecemento” deste novo curso.

ESPÉROVOS A TODXS MAÑÁ!

Nenxs... Familias...



luns, 3 de setembro de 2018

A POLO NOVO CURSO!


Despois de moitos meses de "inactividade forzosa", por fin podo VOLVER Á CARGA recuperada e coas pilas cargadas para comezar este novo curso 2018/19.

O curso pasado estivo marcado por un accidente de tráfico que me fixo permanecer de baixa 8 meses, por mor das consecuencias físicas do impacto... Meses moi complicado para min, non só a nivel físico, tamén a nivel mental, posto que me costou moitísimo asimilar que estaba de baixa, que a recuperación era moito máis lenta do que eu esperaba e precisaba, e que finalmente, non puiden incoirporarme...

Por iso afronto esta nova etapa escolar con máis ganas que nunca... Desexando que chegue o día 12 para ver aparecer @s alumn@s pola porta e comezar un novo proceso de ensino-aprendizaxe.

A miña situación profesional nos últimos cursos é de “suprimida”, debido a que no centro no que tiña o meu destino definitivo, houbo unha baixada considerable na ratio, tendo así que suprimir varias prazas. 

Non obstante, agás  no curso 2015.16 no que estiven no CEIP das Fontiñas (do que gardo grandes lembranzas), tiven a sorte de volver ao CPI DE PONTECEUSRES, pola especialidade de Educación Primaria. 

Regreso ao meu centro, ao que considero “o meu fogar”, onde xa levo, nin máis nin menos, que 9 CURSOS como mestra, na que crecín como mestra e aprendín moito con e dos meus alumnos.

Fago miñas unhas palabras de M.C. DÍEZ NAVARRO, como guía para este e para vindeiros cursos: 

“O oficio do mestre é escoitar, 
acompañar asombros e vestir os saberes de cantigas. 
O oficio do mestre é aprender e aprenderse, 
é contar e contarse, 
e soñar e soñarse, 
no festín de estrear cos nenos a alegría do coñecer”.


Agora xa podo dicir alto e claro...

ESTOU DE VOLTA!