martes, 11 de setembro de 2018

VOLTA AO COLE!


Despois das vacacións de verán, mañá toca VOLVER AO COLE!

O comezo dun novo curso sempre ven acompañado de nervios, algunha inseguridade, sentimentos encontrados de pena e ledicia.

O medo ante “o descoñecido” apodérase dos pequenos esta noite: un ano máis, novas aprendizaxes, novxs mestrxs... unha “dúbida existencial” invade as súas cabezas: será un curso complicado?  

Por iso é moi importante conseguir que mañá sexa un gran día para eles:
* Recibilos cunha gran benvida, para que se sintan queridos, seguros, protexidos e de volta “na casa”, pois non esquezamos que para os pequechos, a escola é un segundo fogar, no que a súa educación continua nas mans dxs mestrxs.
* Deixar que nos conten as súas experiencias e anécdotas do verán.
* Preguntarlles que esperan deste novo curso: escoitar as súas inquedanzas e os seus intereses xa que son o principal referente a ter en conta para planificar unha boa e exitosa intervención educativa.
* Explicarlles que o novo curso será unha viaxe na que conxuntamente aprenderemos uns dos outros e uns cos outros... remarcándolles que dos erros sempre se aprende, e que contan contan con nós, que os guiaremos e apoiaremos durante todo o proceso.
* Fomentar dende o primeiro momento a confianza mestrx-alumnx e viceversa, pois será fundamental durante todo o proceso de ensino-aprendizaxe.
* Facerlles ver que son xs protagonistas do seu aprendizaxe, no que o fundamental non é o resultado senon o proceso, onde realizamos unha carreira de fondo que nos achega a unha meta, pero que a meta de cada un é diferente, pois o máis fermoso e enriquecedor de cada aula é precisamente a súa diversisdade, que cada nenx é unicx e diferente.
* Cando remate o día de mañá hai que conseguir que marchen con ganas de volver ao día seguinte, para comezar a “navegar polo mar do coñecemento” deste novo curso.

ESPÉROVOS A TODXS MAÑÁ!

Nenxs... Familias...



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.