Hoxe recibimos a visita do director da
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA de Pontecesures, xunto con dous mestres da mesma.
Viñeron para falarnos sobre a escola,
sobre as clases que imparten, instrumentos que poden aprender a tocar os seus
alumnos: batería, guitarra, piano...
Destacaron a peculiaridade, de ser unha escola que se encamiña cara a fromación de músicos "de música moderna": rock, pop, blues, jazz... (a diferenza das escolas da contorna, que se centran máis nunha fromación para banda de música).
Deron unha pequena exhibición coa que
motivaron xs nenxs, intentando espertar o seu interese pola música.
Quen sabe... ao mellor temos futuras estrelas da música entre as paredes do cole de Pontecesures!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.