Despois de moitos meses de
"inactividade forzosa", por fin podo VOLVER Á CARGA recuperada e coas
pilas cargadas para comezar este novo curso 2018/19.
O curso pasado estivo marcado por un accidente de tráfico que me fixo permanecer de baixa 8 meses, por mor das consecuencias físicas do impacto... Meses moi complicado para min, non só a nivel físico, tamén a nivel mental, posto que me costou moitísimo asimilar que estaba de baixa, que a recuperación era moito máis lenta do que eu esperaba e precisaba, e que finalmente, non puiden incoirporarme...

Por iso afronto esta nova etapa escolar con máis
ganas que nunca... Desexando que chegue o día 12 para ver aparecer @s alumn@s pola porta e
comezar un novo proceso de ensino-aprendizaxe.
A miña situación profesional nos últimos
cursos é de “suprimida”, debido a que no centro no que tiña o meu destino
definitivo, houbo unha baixada considerable na ratio, tendo así que suprimir
varias prazas.
Non obstante, agás no curso 2015.16 no que estiven no CEIP das Fontiñas (do que gardo grandes lembranzas), tiven a sorte de volver ao CPI DE PONTECEUSRES, pola especialidade de Educación Primaria.
Regreso ao meu centro, ao que considero “o meu fogar”, onde xa levo, nin máis nin
menos, que 9 CURSOS como mestra, na que crecín como mestra e aprendín moito con
e dos
meus alumnos.
Fago miñas unhas palabras de M.C.
DÍEZ NAVARRO, como guía para este e para vindeiros cursos:
“O oficio do mestre
é escoitar,
acompañar asombros e vestir os saberes de cantigas.
O oficio do
mestre é aprender e aprenderse,
é contar e contarse,
e soñar e soñarse,
no festín
de estrear cos nenos a alegría do coñecer”.
Agora xa podo dicir alto e claro...
ESTOU DE VOLTA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.