mércores, 12 de setembro de 2018

1º DÍA - CURSO 2018.19


Hoxe...

* O patio foi testemuña de reencontros...
* Os corredores volveron a acoller pisadas...
* As aulas colmáronse de anécdotas...
* O colexio encheuse de vida...

Esa vida que lle aportan todxs xs alumnxs que dende hoxe e durante todo o curso, encherán cada espazo do CPI de PONTECESURES das súas vivenzas e aprendizaxes.

O máis fermoso para min, como mestra, (e despois de que o curso pasado fose duro debido á miña baixa), é o recibimento por parte de todo o alumnado.

Que nada máis verte griten o teu nome e acudan correndo a darche unha aperta chea de agarimo e amor... ese é o mellor pagamento que podo ter na miña vida docente.

Nada vale máis que o AMOR DXS PEQUECHXS!

Traballo por e para elxs... Elxs son a causa de que me sinta tan realizada no meu traballo... elxs son o motivo polo que me ergo cada mañá cargada de enerxía positiva e desexando chegar ao cole... elxs son o mellor que podo ter como mestra...

E como mestra... emprego o “posesivo” para darlle a BENVIDA neste novo curso aos “MEUS PEQUECHXS”.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.