Sen dúbida o FÚTBOL é o rei dos deportes, non só
nas noticias ou na prensa deportiva (nas que ocupa case un 100% da
información), tamén na sociedade, no día a día e tamén no patio do recreo...
Pero, é moi importante facerlle ver xs nenxs que
existen máis deportes e disciplinas igual (ou máis) interesantes que o
fútbol...
Cando ESPAÑA gaña o mundial de fútbol, o país paralízase e non se fala doutra cousa... pero cando un español gaña o mundial de judo... apenas ten trascendencia... é para reflexionar... non credes?
O español Nikoloz Sherazadishvili proclamouse este luns campión mundial en Bakú, primeiro título da historia para o judo masculino español, ao derrotar na final de -90 kilos alocubano Ivan Felipe Silva por ippon no tempo extra.
Durante esta semana xs nenxs, nas sesións de E.F.
recibiron unha clase de iniciación ao JUDO.
Toño, o mestre de Judo, faloulles un pouco deste
deporte, e explicoulles o básico para practicalo.
No JUDO a disciplina é moi importante. Sempre se
comeza a clase saudando e remátase do mesmo xeito.
No Judo hai que saber caer para non mancarse nin lesionarse:
queixo pegado ao peito para que a cabeza non bata no chan, e non apoiar nunca
unha man, o cóbado... senón absorber o impacto golpeando con todo o antebrazo
contra o chan para así absorber as vibracións do impacto e evitar quedar sen
respiración.
Cando un contrincante che proxecta polo aire, hai que saber rodar...
Cando no combate, caes ao chan, hai que intentar
inmobilizar ao contrincante, deixando boca arriba, coas costas pegadas ao
tatami.
De pé, hai que buscar desequilibrar ao contrario
para facerlle unha chave e tiralo ao chan.
Unha gran experiencia para xs pequechxs. Todxs sairon encantados da clase, e moitxs con ganas de comezar a aprender e practicar judo.
Agradecerlle a Toño a súa entrega e paciencia durante estes días!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.