mércores, 18 de marzo de 2020

COMO MATAR O TEMPO?


Imos a buscarlle algo positivo a este CONFINAMENTO...

Normalmente andamos estresados porque nunca temos tempo a nada... presas por chegar a tempo, cousas pospostas por falta de tempo, tempo insuficiente...

Pois... durante estes días de ESTADO DE ALARMA, o tempo relativízase, e dispoñemos de moito para aproveitalo en todo iso para o que antes non tiñamos tempo (valga a redundancia).

A continuación aparece unha lista de ENLACES de iniciativas e propostas de actividades para poder realizar mentres FICAMOS NA CASA.

            Inclúe iniciativas para TODAS AS IDADES. Agardo que vos resulten interesantes:

• A editorial Hearst España ofrece todas a súas  REVISTAS de acceso gratuíto online: 10 minutos, harper’s bazaar, esquire, que me dices, elle, Cosmopolitan, mi casa, nuevo estilo, men’s/women’s health, fotogramas… 

• Festival ME QUEDO EN CASA e CUARENTENA FEST: moitxs artistas a través dos seus perfís de Instagram farán directos duns 30 min como si dun concerto acústico privado se tratase.
• TEATRO online, estas son as obras dispoñibles:

• Algúns autores, subiron os seus LIBROS gratis:

• MOVISTAR LITE estará durante un mes gratis debido ao coronavirus:

• Para nenos entre 2 e 8 anos, LINGOKIDS habilitou actividades ilimitadas para que durante os días sen cole os peques poidan seguir divertíndose e aprendendo. Simplemente selecciona a versión limitada no momento de ver a pantalla de pago (verás que non terás límite de actividades).
Lingokids si tes iPhone: 
Lingokids si tes Android: 

• Si es socio da biblioteca e tes a posibilidade de acceder ao catálogo de EFILM, un Netflix das biblios, cada comunidade ten o seu propio catálogo: 

• Para os que TELETRABALLAN, pccomponentes ofrece asistencia remota gratuíta si lles envías un certificado de empresa de que estas teletraballando para non saturar os servizos:

* A CULTURA monta plans para ficar na casa: teatro, museos, cine, música...

* IDEAS e MANUALIDADES para pasar estes días cos peques na casa:

* Clan lanza EDUCLAN, unha ferramenta educativa gratuíta para traballar dende a casa:

* Aprende xogando calquera tema de primaria:

* Rede educativa escolar TICHING:


* A App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias e Science:

*Ta-tum, do grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuíto ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura:

* Smartick, está ofrecendo acceso de 15 días gratis á súa App para repasar matemáticas:

* Genially, a plataforma para facer presentacións interactivas ofrece por un tempo limitado as súas plantillas e recursos Premium gratis   http://bit.ly/Genially

 * AMCO. Xogos de Mates e Lingua de súa App Eduzland https://amconews.es/eduzland/

* Smile and Learn. App para os máis pequenos da casa que está ofrecendo acceso gratuíto durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn

*Cerebriti Edu ofrece máis de 50.000 xogos de Primaria y Secundaria gratis ata final de curso:

En momentos difíciles a solidariedade brota dos poros da nosa pel e aflora o mellor do ser humano, como se poder ver nesta, e na multitude de iniciativas que están a xurdir para axudar ás persoas a levar mellor o confinamento e así cumprir co deber de FICAR NA CASA.

Estas son algunhas ideas para que “matedes o tempo”, máis, cabe dicir, que, con tanto tempo libre... o tempo cobra outro sentido: abramos a mente, sexamos creativos, deixemos voar a nosa imaxinación, desfrutemos de aburrirnos, pois neses momentos podemos aprender moito de nós mesmos... atopémoslle a parte positiva, xa que o positivismo vai a ser determinante nestas datas.

MOITO ÁNIMO FAMILIAS!



martes, 17 de marzo de 2020

#EUFICONACASA

Aquí tedes un adianto do VÍDEO-MONTAXE feito coas fotos que me enviáchedes baixo o lema: 

#EUFICONACASA





* @s que non mándachedes foto, trasnquil@s, estades a tempo, pois editarei o vídeo para engadilar as fotos novas nos vindeiros días. 

domingo, 15 de marzo de 2020

TEMPO DE ESTUDO

Imos a buscarlle algo positivo a este CONFINAMENTO...

Normalmente andamos estresados porque nunca temos tempo a nada... presas por chegar a tempo, cousas pospostas por falta de tempo, tempo insuficiente...

Pois... durante estes días de ESTADO DE ALARMA, o tempo relativízase, e dispoñemos de moito para aproveitalo en todo iso para o que antes non tiñamos tempo (valga a redundancia).

A continuación aparece unha lista de ENLACES de iniciativas e propostas de actividades para poder realizar mentres FICAMOS NA CASA.

            Inclúe iniciativas para TODAS AS IDADES. Agardo que vos resulten interesantes:

• A editorial Hearst España ofrece todas a súas  REVISTAS de acceso gratuíto online: 10 minutos, harper’s bazaar, esquire, que me dices, elle, Cosmopolitan, mi casa, nuevo estilo, men’s/women’s health, fotogramas… 

• Festival ME QUEDO EN CASA e CUARENTENA FEST: moitxs artistas a través dos seus perfís de Instagram farán directos duns 30 min como si dun concerto acústico privado se tratase.
• TEATRO online, estas son as obras dispoñibles:

• Algúns autores, subiron os seus LIBROS gratis:

• MOVISTAR LITE estará durante un mes gratis debido ao coronavirus:

• Para nenos entre 2 e 8 anos, LINGOKIDS habilitou actividades ilimitadas para que durante os días sen cole os peques poidan seguir divertíndose e aprendendo. Simplemente selecciona a versión limitada no momento de ver a pantalla de pago (verás que non terás límite de actividades).
Lingokids si tes iPhone: 
Lingokids si tes Android: 

• Si es socio da biblioteca e tes a posibilidade de acceder ao catálogo de EFILM, un Netflix das biblios, cada comunidade ten o seu propio catálogo: 

• Para os que TELETRABALLAN, pccomponentes ofrece asistencia remota gratuíta si lles envías un certificado de empresa de que estas teletraballando para non saturar os servizos:
https://soporteonline.pccomponentes.com/select-free.html

* A CULTURA monta plans para ficar na casa: teatro, museos, cine, música...

* IDEAS e MANUALIDADES para pasar estes días cos peques na casa:

* Clan lanza EDUCLAN, unha ferramenta educativa gratuíta para traballar dende a casa:

* Aprende xogando calquera tema de primaria:

* Rede educativa escolar TICHING:


* A App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias e Science:

*Ta-tum, do grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuíto ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura:

* Smartick, está ofrecendo acceso 15 días gratis á súa App para repasar matemáticas:

* Genially, a plataforma para facer presentacións interactivas ofrece por un tempo limitado as súas plantillas e recursos Premium gratis   http://bit.ly/Genially

 * AMCO. Xogos de Mates e Lingua da súa App Eduzland https://amconews.es/eduzland/

* Smile and Learn. App para os máis pequenos da casa está ofrecendo acceso gratuíto durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn

*Cerebriti Edu ofrece máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria gratis ata final de curso:

En momentos difíciles a solidariedade brota dos poros da nosa pel e aflora o mellor do ser humano, como se poder ver nesta, e na multitude de iniciativas que están a xurdir para axudar ás persoas a levar mellor o confinamento e así cumprir co deber de FICAR NA CASA.

Estas son algunhas ideas para que “matedes o tempo”, máis, cabe dicir, que, con tanto tempo libre... o tempo cobra outro sentido: abramos a mente, sexamos creativos, deixemos voar a nosa imaxinación, desfrutemos de aburrirnos, pois neses momentos podemos aprender moito de nós mesmos... atopémoslle a parte positiva, xa que o positivismo vai a ser determinante nestas datas.

MOITO ÁNIMO FAMILIAS!

#EUFICONACASA

sábado, 14 de marzo de 2020

luns, 2 de marzo de 2020

XOGADE 4º

Nesta ocasión tocounos ser os anfitrións, e recibimos ao alumnado de 4º de E.P. do CPI de Progreso de Catoira.

Xuntos comartimos unha xornada de convivencia deportiva. 


mércores, 26 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

VIVA O ENTROIDO 
do CPI de Pontecesures!





O noso Entroido xira en torno aos HÁBITOS SAUDABLES:
o coidado persoal e a saúde, o coidado da natureza, a reciclaxe...

Medidas que debemos adoptar no noso quefacer cotiá para coidar ao noso planeta e a nós.


Un dos grandes problemas do noso planeta e o exceso de residuos. Para iso fomentamos unha loita coas 3 R: REDUCIR, REUSAR e RECICLAR.O alumnado de 1° e 2° de primaria apostou forte por esta loita e convertíronse en auténticos MONSTROS RECICLADOS para sorprendernos cuns disfraces moi orixinais que non deixaran indiferente a ninguén.


Para combatir contra os residuos, todos debemos poñer o noso gran de area, pero temos a sorte de contar coa axuda duns SUPERHEROES moi especiais.
Son expertos na reciclaxe, non deixan pasar unha.

Loitan polo ben da nosa terra cun ritmo no corpo que nos contaxiará a todos.


Outro dos hábitos máis saudables que hai é durmir... mínimo unhas 8 horas ao día.
De isto saben moito os alumnos de 5° e 6° de primaria que son uns DORMICHÓNS expertos.
Non dubidaron en enfundarse nas súas "mellores galas de noite" para amosarnos o ritmazo que teñen antes de ires para a cama.  




mércores, 5 de febreiro de 2020

XOGADE 4º


No día de hoxe, o alumnado de 4º de E.P. gozou dun día enmarcado dentro da campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar).
Esta é unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás.
Apóstase por un modelo deportivo orientado á participación do alumnado.
O obxectivo primordial desta concepción do deporte será a promoción da saúde, a condición física e o benestar, sen esquecer nin deixar de lado o rendemento deportivo, pero asegurando que todos os escolares poidan ter acceso á práctica de actividades físico-deportivas sen que exista ningún tipo de discriminación.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA XOGADE
1. Incrementar a participación en actividades físico-deportivas en horario non lectivo das poboacións escolares, con especial incidencia no colectivo de nenas.
2. Beneficiarse do gran potencial educativo e formativo das actividades físico-deportivas e que prime a participación por riba da competitividade.
3. Impulsar a función integradora e de cohesión social do deporte.
4. Manter ou mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.
5. Permitir a aprendizaxe dos conceptos técnicos e tácticos, o desenvolvemento das diferentes calidades físicas, así como a transmisión de hábitos, actitudes e valores.
6. Potenciar o xogo limpo e a deportividade.
7. Potenciar os xogos motores como instrumento base da educación.
8. Introducir os/as nenos/nenas en diferentes disciplinas deportivas mediante actividades lúdicas de carácter global.
9. Facilitar a comunicación e a convivencia dos nenos/as independentemente do nivel de práctica de cada un deles.
10. Fomentar a práctica de actividade física como hábito saudable necesario na sociedade actual.
11. Posibilitar que os nenos e nenas se divirtan realizando actividade física.
12. Acercamento aos escolares galegos das estruturas deportivas con actividade na súa localidade.
13. Fomentar os xogos tradicionais da Comunidade Autónoma de Galicia así como aqueles que aínda non sendo de orixe galega, foron e son, popularmente, empregados na nosa sociedade.
14. Promover a educación en valores a través do gran potencial educativo do que dispón o deporte como a tolerancia, o respecto aos demais e ás regras, o esforzo, a superación, a cooperación e a confianza, entre outros.

Nesta ocasión, o alumnado de 4º de E.P. do CPI de PONTECESURES, desprazámonos ata Catoira para xogar contra o alumnado do mesmo nivel do CPI de PROGRESO.
Aquí vos deixo unha recompilación dos momentos que viviron durante esta xornada de XOGADE.