Imos a buscarlle algo positivo a este CONFINAMENTO...
Normalmente andamos estresados porque nunca
temos tempo a nada... presas por chegar a tempo, cousas
pospostas por falta de tempo, tempo insuficiente...
Pois... durante estes días de ESTADO DE ALARMA, o tempo relativízase, e dispoñemos
de moito para aproveitalo en todo iso para o que antes non tiñamos tempo (valga a redundancia).
A continuación aparece unha lista de ENLACES de iniciativas e propostas de actividades para poder
realizar mentres FICAMOS NA CASA.
Inclúe iniciativas para TODAS AS IDADES. Agardo que vos resulten interesantes:
• A editorial Hearst España
ofrece todas a súas REVISTAS de acceso gratuíto online: 10
minutos, harper’s bazaar, esquire, que me dices, elle, Cosmopolitan, mi casa,
nuevo estilo, men’s/women’s health, fotogramas…
• Festival ME
QUEDO EN CASA e CUARENTENA FEST:
moitxs artistas a través dos seus perfís de Instagram farán directos duns 30 min como si dun concerto acústico
privado se tratase.
• TEATRO online, estas son as obras dispoñibles:
• Algúns autores, subiron os seus
LIBROS gratis:
• MOVISTAR LITE estará durante un mes gratis
debido ao coronavirus:
• Para nenos entre 2 e 8 anos, LINGOKIDS habilitou actividades ilimitadas
para que durante os días sen cole os peques poidan seguir divertíndose e aprendendo.
Simplemente selecciona a versión limitada no momento de ver a pantalla de pago
(verás que non terás límite de actividades).
Lingokids si tes iPhone:
Lingokids si tes Android:
• Si es socio da biblioteca e
tes a posibilidade de acceder ao catálogo de EFILM, un Netflix das biblios, cada comunidade ten o seu propio catálogo:
• Para os que TELETRABALLAN, pccomponentes ofrece asistencia remota gratuíta
si lles envías un certificado de empresa de que estas teletraballando para non
saturar os servizos:
* A CULTURA monta plans para
ficar na casa: teatro, museos, cine, música...
* IDEAS e MANUALIDADES para pasar estes días cos peques na
casa:
* Clan lanza EDUCLAN, unha ferramenta educativa
gratuíta para traballar dende a casa:
* Aprende xogando calquera tema de primaria:
* Rede educativa escolar TICHING:
* A App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso gratis
a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias e Science:
*Ta-tum, do grupo editorial Edelvives, ofrece
acceso gratuíto ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura:
* Smartick, está ofrecendo acceso de 15 días gratis
á súa App para repasar matemáticas:
* Genially, a plataforma para facer presentacións interactivas ofrece por
un tempo limitado as súas plantillas e recursos Premium gratis http://bit.ly/Genially
* AMCO. Xogos de Mates e Lingua de súa App Eduzland https://amconews.es/eduzland/
* Smile and Learn. App para os máis pequenos da casa que
está ofrecendo acceso gratuíto durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos. http://bit.ly/smile_learn
*Cerebriti Edu ofrece máis de 50.000 xogos de Primaria
y Secundaria gratis ata final de curso:
En momentos
difíciles a solidariedade brota dos poros da nosa pel e aflora o mellor do ser
humano, como se poder ver nesta, e na multitude de iniciativas que están a
xurdir para axudar ás persoas a levar mellor o confinamento e así cumprir co
deber de FICAR NA CASA.
Estas son
algunhas ideas para que “matedes o
tempo”, máis, cabe
dicir, que, con tanto tempo libre... o
tempo cobra
outro sentido: abramos a mente, sexamos creativos, deixemos voar a nosa
imaxinación, desfrutemos de aburrirnos, pois neses momentos podemos aprender
moito de nós mesmos... atopémoslle a parte positiva, xa que o positivismo vai a
ser determinante nestas datas.
MOITO ÁNIMO FAMILIAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.