mércores, 18 de marzo de 2020

PROPOSTA - DÍA DA POESÍA


O vindeiro SÁBADO 21 de MARZO conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA.






No noso centro, tiñamos programado para esta semana un CERTAME DE RECITADO DE POESÍA , que por mor do confinamento, non puido ter lugar, máis, o ter que FICAR NA CASA non nos vai impedir celebrar este fermoso día.

Aí vai unha PROPOSTA:
CREAR UN POEMA COLECTIVO
Pasos:
- Crea unha ESTROFA DE 4 VERSOS RIMADOS sobre o tema do coronavirus e o lema #euficonacasa.
- Memorízaa
- GRÁVATE RECITÁNDOA (co móbil en HORIZONTAL).
- Envíama ao meu correo: berenaftprofe@gmail.com
(No asunto do correo indicade o voso NOME e CURSO).

* Para poder ter listo o POEMA COLECTIVO para subilo o día 21,  a data límite para envialo será o día 20.

De antemán, moitísimas grazas pola vosa implicación e colaboración!



XUNTOS IMOS A PARAR AO VIRUS,
PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.