domingo, 15 de marzo de 2020

TEMPO DE ESTUDO

Imos a buscarlle algo positivo a este CONFINAMENTO...

Normalmente andamos estresados porque nunca temos tempo a nada... presas por chegar a tempo, cousas pospostas por falta de tempo, tempo insuficiente...

Pois... durante estes días de ESTADO DE ALARMA, o tempo relativízase, e dispoñemos de moito para aproveitalo en todo iso para o que antes non tiñamos tempo (valga a redundancia).

A continuación aparece unha lista de ENLACES de iniciativas e propostas de actividades para poder realizar mentres FICAMOS NA CASA.

            Inclúe iniciativas para TODAS AS IDADES. Agardo que vos resulten interesantes:

• A editorial Hearst España ofrece todas a súas  REVISTAS de acceso gratuíto online: 10 minutos, harper’s bazaar, esquire, que me dices, elle, Cosmopolitan, mi casa, nuevo estilo, men’s/women’s health, fotogramas… 

Festival ME QUEDO EN CASA e CUARENTENA FEST: moitxs artistas a través dos seus perfís de Instagram farán directos duns 30 min como si dun concerto acústico privado se tratase.
TEATRO online, estas son as obras dispoñibles:

• Algúns autores, subiron os seus LIBROS gratis:

MOVISTAR LITE estará durante un mes gratis debido ao coronavirus:

• Para nenos entre 2 e 8 anos, LINGOKIDS habilitou actividades ilimitadas para que durante os días sen cole os peques poidan seguir divertíndose e aprendendo. Simplemente selecciona a versión limitada no momento de ver a pantalla de pago (verás que non terás límite de actividades).
Lingokids si tes iPhone
Lingokids si tes Android

• Si es socio da biblioteca e tes a posibilidade de acceder ao catálogo de EFILM, un Netflix das biblios, cada comunidade ten o seu propio catálogo: 

• Para os que TELETRABALLAN, pccomponentes ofrece asistencia remota gratuíta si lles envías un certificado de empresa de que estas teletraballando para non saturar os servizos:
https://soporteonline.pccomponentes.com/select-free.html

* A CULTURA monta plans para ficar na casa: teatro, museos, cine, música...

* IDEAS e MANUALIDADES para pasar estes días cos peques na casa:

* Clan lanza EDUCLAN, unha ferramenta educativa gratuíta para traballar dende a casa:

* Aprende xogando calquera tema de primaria:

* Rede educativa escolar TICHING:


* A App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias e Science:

*Ta-tum, do grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuíto ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura:

* Smartick, está ofrecendo acceso 15 días gratis á súa App para repasar matemáticas:

* Genially, a plataforma para facer presentacións interactivas ofrece por un tempo limitado as súas plantillas e recursos Premium gratis   http://bit.ly/Genially

 * AMCO. Xogos de Mates e Lingua da súa App Eduzland https://amconews.es/eduzland/

* Smile and Learn. App para os máis pequenos da casa está ofrecendo acceso gratuíto durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn

*Cerebriti Edu ofrece máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria gratis ata final de curso:

En momentos difíciles a solidariedade brota dos poros da nosa pel e aflora o mellor do ser humano, como se poder ver nesta, e na multitude de iniciativas que están a xurdir para axudar ás persoas a levar mellor o confinamento e así cumprir co deber de FICAR NA CASA.

Estas son algunhas ideas para que “matedes o tempo”, máis, cabe dicir, que, con tanto tempo libre... o tempo cobra outro sentido: abramos a mente, sexamos creativos, deixemos voar a nosa imaxinación, desfrutemos de aburrirnos, pois neses momentos podemos aprender moito de nós mesmos... atopémoslle a parte positiva, xa que o positivismo vai a ser determinante nestas datas.

MOITO ÁNIMO FAMILIAS!

#EUFICONACASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.