Levamos xa un par de semanas de CONFINAMENTO, cumprindo co deber de FICAR NA CASA para axudar a loitar contra o COVID-19.
E certo que o virus estanos poñendo a proba a
todxs: ficar sen saír da casa (máis que para o estritamente necesario),entre as
“4 paredes” dun espazo reducido que cada día parece
que mingua e a rutina nos vai consumindo.
A isto súmanselle as
preocupacións: medo po non contraer o virus e que non o “pillen” os nosos
seres queridos, melancolía por estar lonxe de familiares e amigos que botamos
de menos, incerteza ante o panorama laboral e o escolar...
Por iso é preciso que nos carguemos de
positivismo, de forza e ánimo para afrontar o que queda por diante. Non sabemos
canto durará, e non podemos obsesionarnos, pois é algo que se escapa do noso
control.
Que podemos facer agora que dispoñemos de todo
o TEMPO do mundo?
Pois aproveitalo. Aproveitalo ao máximo!
As TAREFAS ESCOLARES, están pensadas para
que o alumnado continúe traballando no día a día, pero... tendo en conta a
situación excepcional que estamos vivindo.
Non se trata de saturar todo o tempo, do que
dispoñen agora xs nenxs, con actividades escolares. É necesario que dediquen un
tempo (que debe variar en función da idade) á parte educativa, pero sen que se
sintan desbordados, nin elxs nin vós.
Estipulade un horario de luns a venres, para que se converta nunha rutina coa que
eles xa conten e forme parte do seu día a día. En ningún caso podemos pretender
que sexa o mesmo horario que tiñan xornada lectiva na escola, pois non estamos
nas mesmas condicións. Trátase de que traballen dentro das súas posibilidades pero
non que vivan o confinamento baixo o estrés das tarefas escolares.
Haberá días de esgotamento mental (e físico),
de “inapetencia” ante as tarefas, de estrés emocional pola situación (xa levamos
moitos días confinados, se para os adultos é duro... poñédevos no seu lugar).
Non pasa nada porque non traballen un día, ou porque fagan algo menos do
estipulado... NON PASA NADA!
* Cabe
resaltar, que unha cousa é entender a pegada que deixa o confinamento nos cativos
e no seu rendemento puntual e outra é cando a vagancia se apodera deles e non
queren facer nada, ningún día... distingamos!
Sexamos sensatxs e realistas: ficando na casa
nin xs mestrxs nin as familias podemos pretender que sigan o ritmo que
levábamos no cole. Partindo disto, reflexionemos e tomemos o confinamento como
o que é: unha situación excepcional que vivimxs TODXS, por mor dun estado de
alarma xerado pola pandemia do coronavirus.
Polo tanto, que traballen na casa? SI, pero tendo en
conta toda a letra pequena da que vos falei antes. Respectade o estado de ánimo
dxs pequenxs, nos os presionedes nin os angustiedes coas tarefas, axudádelle
con dúbidas que poidan xurdir, pero facilitade a súa autonomía na realización
das mesmas...
Hai moitas cousas que xs nenxs poden facer
(fóra das actividades escolares) que son igual de educativas e que, por
momentos, resultaranlle máis motivadoras e atractivas.
O tempo en familia é un tesouro, do que moitas veces
non podemos desfrutar. Saquémoslle a parte positiva a este confinamento, e
aproveitemos este agasallo en forma de tempo, do que agora dispoñemos:
conversade, bailade ata caer rendidos, cantade as vosas cancións favoritas a
coro, gravádevos para despois reproducir eses momentos e rirvos xuntos ata que
vos doia a barriga, sacádelle o po aos xogos de mesa que levaban tempo gardados,
botádelle algunha partidiña ás cartas, gozade de sesións de cine familiar no
sofá con mantiña e flocos de millo... e XOGADE! Algún adulto quizais
se esqueceu de xogar, pero tedes ao voso carón a un gran experto que vos pode
ensinar!
* Está
xenial pasar tempo en familia, pero tamén é importante que cada membro da
familia dispoña de tempo libre, par desfrutar da soidade. Para xs máis
pequenxs, as veces é difícil o de estar sos, máis, e algo beneficioso e necesario.
Grazas ao aburrimento agudízase a imaxinación, brota a creatividade...
A aprendizaxe non trata só de conceptos recollidos
nun libro de texto. A aprendizaxe vai tamén de emocións, de valores, de sensacións,
de reflexións... e esta é unha sensación extraordinaria para aprender moito
dela.
O estado de alarma pasará, non sabemos canto
durará e debemos estar preparados. Pasará, cedo ou tarde, pero pasará! E
volveremos paseniño ao noso quefacer cotián!
XUNTOS IMOS PARAR AO VIRUS,
PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.