domingo, 22 de marzo de 2020

"APRENDEMOS NA CASA"

A CRTVG emitirá de luns a venres, pola G2, un BLOQUE EDUCATIVO para apoiar os estudantes galegos:




O Ministerio de Educación e Formación Profesional e RTVE lanzan “APRENDEMOS EN CASA” para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión das clases presenciais.





Este é o HORARIO, por día e idades:



Entre todas as preocupacións que todas as familias tedes neste momento súmase a preocupación polo FUTURO ESCOLAR dxs pequechxs da casa.

Primeiro de todo, clama e tranquilidade, posto que todxs xs nenxs están na mesma situación, de feito, todo o mundo o estamos. Quedan moitos días por diante e o esgotamento mental e emocional xunto coa desgana física e o bombardeo mediático van deixando pegada.

Haberá días nos que estean apáticos, de peor humor por mor de levar tantos días confinados (son nenxs, non nos esquezamos) e non pasa nada porque non fagan unha tarefa no momento que tiñamos marcado. Sede flexibles e empáticos: se para os adultos é complicado imaxinádevos para xs pequechxs.

Algo que é importante que fagades cxs nenxs é que vos “sentedes” a REFLEXIONAR sobre a situación que estamos vivindo:

- Reflexionemos sobre importancia de ficar na casa polo ben de todos, que hai que deixar atrás o egoísmo do EU e ser solidarios para pensar no ben común dun TODXS.

- Reflexionemos sobre xs heróes sen capas que loitan na rúa por e para todxs: persoal sanitario, persoal de supermercados, persoal de limpeza, transportistas, militares... e as mostras de cariño que xorden cada día en modo de aplausos que retumban nas vilas e cidades de todo o país.

- Reflexionemos sobre a creatividade e a imaxinación do ser humano durante o confinamento.

- Reflexionemos sobre por que as materias consideradas como “Marías” pola sociedade, e as que menos prestixio teñen: MÚSICA, PLÁSTICA e EDUCACIÓN FÍSICA, sexan agora a mellor maneira de manter a saúde mental e física durante o confinamento: tocar instrumentos, cantar, bailar, facer exercicio dende os balcóns, facer multitude de manualidades para pasar o tempo cos pequenxs...
Todos os expertos recomendan que fagamos algo de exercicio, que escoitemos música ou que realizamos algunha actividade artística. Se isto vale para unha situación excepcional como esta, imaxinádevos a importancia que deben no día a día... É PARA REFLEXIONAR, OU NON?


 XUNTOS IMOS A PARAR AO VIRUS,

PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.