domingo, 29 de marzo de 2020

ACTIVIDADES FÍSICAS 5

Aquí vos deixo un novo vídeo para promover a actividade física durante o confinamento.
ÁNIMO!


"Todas as aprendizaxes máis importantes da vida, fanse XOGANDO".
                                                                                                                    Francesco Tonucci


ACTIVIDADES
FÍSICAS 5








INSTRUCIÓNS
XOGO DA OCA
(HABILIDADES BÁSICAS)


* Este xogo está recomendado para persoas de TODAS AS IDADES, con ganas de pasar un rato divertido facendo algo de actividade física e así matar o tempo durante este confinamento.


Para poder xogar a este peculiar xogo da OCA, precisas o seguinte material:

Ø TABOLEIRO
Ø FICHAS
Ø DADO


Ø TABOLEIRO: podes empregar un taboleiro clásico dun xogo da oca que teñas pola casa, ou, no caso de non ter, podes elaborar o teu propio taboleiro.
          Para elaborar o teu propio taboleiro non esquezas:
          - Debe ter 63 CASAS (casillas).
- OCAS nas casas: 5, 9, 14, 18, 23, 27, 32, 36, 41, 45, 50, 54 e 59.
* Se caes nunha casa de oca, avanzas ata a seguinte oca do taboleiro e volves a tirar. “DE OCA A OCA E TIRO PORQUE ME TOCA”.
- PONTES nas casas: 6 e 12.
* Se caes na casa da ponte debes ir á outra ponte (pode ser cara adiante se caes na 6, ou cara atrás se caes na 12). “DE PONTE A PONTE E TIRO PORQUE ME LEVA A CORRENTE”.
- POUSADA na casa: 19.
* Se caes nesta casa, debes estar 1 quenda sen xogar.
- POZO na casa: 31.
* Se caes nesta casa, non podes volver a xogar ata que outro xogador pase por esa casa.
- LABIRINTO na casa: 42.
* Se caes nesta casa, debes retroceder á casa 30.
- CÁRCERE na casa: 56.
* Se caes nesta casa, debes estar 2 quendas sen xogar.
- DADOS nas casas: 26 e 53.
* Se caes nalgunha destas casas, debes avanzar ou retroceder á outra, e volver a tirar. “DE DADO A DADO E TIRO PORQUE ME TOCOU”.
- CAVEIRA na casa: 58.
* Se caes nesta casa, debes volver á casa 1.
- XARDÍN DA OCA na casa: 63.
* Para chegar á ultima casa e entrar no xardín da oca debes sacar o número xusto no dado. Se sacas un número maior deberás retroceder tantas casas como puntos sobrantes.

* Pode haber variacións nas casas dalgún taboleiro. Antes de elaborar o xogo comprobade por si tedes que facer algunha modificación.


Ø FICHAS: podes empregar as fichas clásicas dun xogo da oca (os círculos de cores). No caso de non ter, podes elaborar os túas propias fichas, ou empregar algún obxecto pequeno que teñas a man.


v Quen comeza a xogar?

Comezamos cun reto:

Todxs os xogadorxs deben intentar manter o equilibrio sobre o seu pé non dominante (xs destrxs sobre o pé esquerdo e xs zurdxs sobre o dereito).

Quen sexa quen de aguantar máis tempo, gana, e será o primeiro en tirar para comezar a xogar.

       As quendas continuarán seguindo o xiro das agullas do reloxo.


Tírase o dado e avanzas tantas casas como indica a puntuación. Les nas instrucións o reto correspondente á casa na que te atopas, se pasas o reto, ficas na casa, se non o pasas, debes retroceder á casa na que estabas (antes da tirada). 



HABILIDADES BÁSICAS DAS CASAS


  1

SAÍDA

2

Salta 5 veces á pata coxa co pé dereito.

3

Aguanta o equilibrio 5 segundos empregando 3 apoios.

4

Xira rápido, 4 veces sobre ti mesmx e intenta camiñar en liña recta.

5

OCA

6

PONTE

7

Bota un balón 8 veces seguidas coa man dominante.

8

Lanza o balón ao aire e da unha palmada antes de collelo.

9

OCA


10

Déitate no chan e roda como unha croqueta 3 veces.

11

Pasa o balón arredor do teu tronco, dunha man a outra.

12

PONTE

13

Repta como unha serpe.

14

OCA

15

Canta o retrouso da “Macarena” mentres fas o baile.

16

Salta alternando pé dereito e pé esquerdo mentres recitas os meses do ano.

17

Aguanta o equilibrio 5 segundos apoiando un pé e unha man.

18

OCA

19

POUSADA

20

Camiña como un cangrexo.

21

Sentado no chan, apoia mans e pés e eleva o traseiro.

22

Salta 6 veces mentres abres e pechas pernas e brazos.

23

OCA

24

Camiña como un equilibrista.

  

25

Aguanta 5 segundos o equilibrio sobre o teu pé non dominante coa outra perna estirada cara atrás.

26

DADO

27

OCA

28

Salta á pata coxa mentres recitas os días da semana.

29

Déitate de lado e abre e pecha unha perna sobre a outra 8 veces.

30

O CHAN É LAVA! Tes 3 segundos para subirte a algo e que os teus pés non toquen o chan.

31

POZO

32

OCA

33

Tes 5 segundos para tocar unha cousa de cor amarela.

34

Baila imitando a unha bailarina de ballet.

35

Lanza o balón ao aire, deixa que bote 1 vez e recólleo.

36

OCA

37

Bota o balón cunha man e pásao por debaixo dunha perna (3 veces).

38

Canta “O galo canta” facendo os xestos mentres saltas á pata coxa.





39

Senta no chan coas pernas xuntas e estiradas e intenta tocar as puntas dos pés.

40

Tes 5 segundos para tocar unha cousa de cor azul.

41

OCA

42

LABIRINTO

43

Déitate boca abaixo, eleva as pernas e os brazos estirados e xuntos (aguanta 5 segundos).

44

Pon unha man dominante detrás das costas e coa outra tira o balón ao aire e recólleo sen que che caia ao chan.

45

OCA

46

De pé, suxeita o balón entre os xeonllos e intenta dar 3 saltos cara adiante sen que o balón caia.

47

Aguanta 3 segundos facendo equilibrio sobre a punta do pé.

48

Ponte de pé coas pernas estiradas e os pés xuntos e intenta tocar a punta dos pés sen dobrar os xeonllos.

49

Tes 5 segundos para tocar unha cousa de cor vermella.

50

OCA

51

Dá chimpos como unha ra.


52

Camiña sobre os talóns.

53

DADO

54

OCA

55

Lanza ao aire o balón, da unha volta sobre ti mesmo e recólleo antes de que caia ao chan.

56

CÁRCERE

57

Ponte a catro patas, boca arriba e camiña sen caerte.

58

CAVEIRA

59

OCA

60

Imita a un bailador de baile galego.

61

Aguanta o equilibrio sobre dous pés e unha man mentres contas ata 10.

62

Tes 5 segundos para tocar unha cousa de cor verde.

63

XARDÍN DA OCA – CASA FINAL!


* Podedes simplificar as probas par adaptalas ás habilidades de cada pequenx.

** Se caes nunha casa especial (oca, ponte, dado...) non tes que facer ningún reto, pois ao tratarse dunha casa especial contas con esa vantaxe.

*** Antes de comezar a xogar, preparade todo o material que ides precisar para facer os retos das casas.

**** Podedes IMPRIMIR as instrucións accedendo a un arquivo PDF que subín á páxina WEB do cole:




XUNTOS IMOS PARAR AO VIRUS,
PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.