A POESÍA é un xénero literario,
a través do cal o ser humano foi quen de expresar pensamentos, sentimentos e
emocións, empregando unha linguaxe chea de beleza, empregando recursos
literarios como a prosa ou o verso.
“A poesía é cando unha emoción atopou o seu pensamento e o pensamento atopou palabras”.
Robert
Frost
Dende que en 1999 a UNESCO proclamou o 21 de MARZO como o DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA, vense conmemorando
esta data, e o COVID-19 non ía facer
que no 2020 non a celebráramos, eso
si, dun xeito diferente, DENDE A CASA!
O
obxectivo desta conmemoración é apoiar a diversidade lingüística e dar a
oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística
nas súas respectivas comunidades.
Trátase
tamén de promover a poesía como unha manifestación creativa
da diversidade. A poesía contribúe á diversidade creativa ao
cuestionar a forma na que empregamos as palabras e o noso xeito de percibir a
realidade.
A
poesía exprésase
da maneiras diferentes e sutís e consegue comunicar cousas de modos diversos,
obrigando ao lector a descubrir a esencia da mensaxe.
NA
CASA DEBEMOS FICAR!
As escolas quedaron baleiras,
@s nen@s non saen a xogar.
Enmudeceron as rúas...
NA CASA DEBEMOS FICAR!
UN inimigo invisible
chegou para nós atacar
e só podemos facer unha cousa:
NA CASA DEBEMOS FICAR!
Tomemos isto en serio
para acabar co virus xa.
Non sexamos irresponsables...
NA CASA DEBEMOS FICAR!
Este inimigo virulento
contaxia sen avisar
e se queremos protexernos...
NA CASA DEBEMOS FICAR!
Berena F. T. (21.03.2020)
Aquí
vos deixo as estrofas creadas polo alumnado
do CPI Pontecesures para conmemorar este día:
POEMA COLECTIVO #EUFICONACASA
O 21 de MARZO tamén se celebran:
-
Día Europeo dos Arquivos
XUNTOS IMOS A PARAR AO VIRUS,
PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.